Borussia Dortmund: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Primeiros anos: Parroquia eclesiástica
m →‎Club de elite: Fußball-Bundesliga
Liña 51:
 
=== Club de elite ===
A West Oberliga, unha liga de primeira división na que xogaba o Borussia, dominou o fútbol alemán durante finais dos anos [[1950]]. O club conseguiu o seu primeiro título nacional en [[1956]] cun 4-2 contra o [[Karlsruher SC]]. Un ano máis tarde, o Borussia gañou con exactamente o mesmo equipo o seu segundo título nacional. Despois deste triunfo os tres Alfred (Alfred Preißler, Alfred Kelbassa e Alfred Niepieklo) convertéronse en lendas en Dortmund. En [[1963]] o Borussia Dortmund gañou a última final antes da creación da [[Fußball-Bundesliga|Bundesliga]] ante o [[1. FC Köln]]. Foi o seu terceiro título nacional.
 
O Borussia gañou en [[1963]] o seu lugar entre os equipos escollidos para xogar na nova liga profesional creada pola [[Federación Alemá de Fútbol]] (DFB). O primeiro gol do Borussia no campionato foi obra de Friedhelm Konietzka apenas no minuto un dun partido que finalmente perdería ante o [[Werder Bremen]] por 2 a 3. En [[1965]], os de Dortmund conquistaron a súa primeira Copa de Alemaña.
Liña 57:
Ao ano seguinte conseguirían o primeiro título internacional para un club alemán, a [[Recopa de Europa de fútbol|Recopa de Europa]]. Pese ao gran triunfo continental, cedeu o liderado da liga ao perder catro dos últimos cinco partido do campionato, terminando segundo a tres puntos do campión, o [[1860 München]]. Ironicamente gran parte do éxito dos [[Múnic|muniqueses]] chegou por mor da fichaxe a última hora dun xogador do Borussia, Konietzka. Os anos [[1970]] caracterizáronse polos problemas financeiros e o descenso á [[2. Bundesliga|segunda división]] en [[1972]], así como a apertura do seu actual estadio: o [[Signal Iduna Park]] (daquela coñecido como Westfalenstadion). O club conseguiu regresar á [[1. Bundesliga]] en [[1976]], aínda que seguiu padecendo problemas financeiros durante os anos [[1980]]. O BVB evitou descender de novo en 1986 ao gañar o decisivo terceiro partido da eliminatoria pola permanencia ante o [[SC Fortuna Köln|Fortuna Köln]], despois de terminar a tempada regular no décimo sexto posto. O Dortmund non volveu conseguiu ningún éxito significativo até o seu triunfo triunfo na Copa de Alemaña de [[1989]].
 
En [[1993]] o Burussia chega á final da [[Copa da UEFA]], aínda que perde por 1 a 6 no global da eliminatoría ante a [[Juventus de Turín|Juventus]] de [[Turín]]. A pesar deste resultado, o Borussia conseguiu ingresar unha gran cantidade de diñeiro, polo que os de Dortmund foron capaces de asinar aos xogadores que máis tarde os levarían numerosos títulos na década de [[1990]]. O Dortmund gañou os campionatos da [[Fußball-Bundesliga|Bundesliga]] en [[1995]] e [[1996]], nun equipo no que destacaba [[Matthias Sammer]], nomeado Futbolista Europeo do Ano nesa última tempada.
 
Ao ano seguinte, nunha memorable final da [[Liga de Campións da UEFA]] celebrada en [[Múnic]], o Borussia enfrontouse á [[Juventus de Turín|Juventus]] de [[Zinedine Zidane]]. Karl-Heinz Riedle puxo aos de Dortmund por diante no marcador tras un tiro baixo despois dun centro de Paul Lambert. Posteriormente Riedle faría outro gol, esta vez cabeceando un saque de esquina. Na segunda metade, [[Alessandro Del Piero]] achegou no marcador aos de [[Turín]] cun taconazo cara atrás. Posteriormente un mozo de vinte anos nado en [[Dortmund]], Lars Ricken, poría o definitivo 3 a 1 no marcador tras un pase de [[Andreas Möller]] tan só dezaseis segundos despois de entrar ao terreo de xogo. Posteriormente o Borussia gañaría aos [[Brasil|brasileiros]] do [[Cruzeiro Esporte Clube|Cruzeiro]] de [[Belo Horizonte]] na final da [[Copa Intercontinental]] de [[1997]].