Batalla de Okinawa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
{{Infobox conflito militar
|nome_batalla = Batalla de Okinawa
Liña 28 ⟶ 27:
A '''Batalla de Okinawa''' (nome en clave: '''Operación Iceberg'''), librouse na illa de [[Illas Ryukyu|Ryukyu]] de [[Illa de Okinawa|Okinawa]] e foi o maior asalto anfibio na [[Guerra do Pacífico (1937-1945)|Guerra do Pacífico]].<ref>[http://www.militaryhistoryonline.com/wwii/okinawa/default.aspx The United States Navy assembled an unprecedented armada in April 1945]</ref><ref>[http://www.historynet.com/magazines/world_war_2/3035101.html The American invasion of Okinawa was the largest amphibious assault of World War II]</ref> Combateuse durante 82 días, desde principios de abril até mediados de xuño de 1945.
 
A batalla denominouse '''Tifón de Aceiro''' en [[lingua inglesa|inglés]] ''Typhoon of Steel'', e chuvia de aceiro (''Tetsu no ame'') ou vento violento de aceiro (''Tetsu no Bofu'') en [[lingua xaponesa|xaponés]]. Estas denominacións dan conta da ferocidade dos combates, a intensidade dos disparos, e a enorme cantidade de buques [[Aliados da Segunda Guerra Mundial|aliados]] e vehículos blindados que asaltaron a illa. A batalla resultou ser unha das que tivo máis vítimas, civís e militares, en toda a [[Segunda Guerra Mundial]]: a totalidade dos falecidos supera o cuarto de millón. Cinco divisións do XXIV Corpo dos EUA, a 7.ª, 27.ª, 77.ª, 81.ª e 96.ª, e dúas divisións de Marines, a 1.ª e 6.ª, combateron na illa, mentres que a 2.ª División de Marines se mantivo en reserva e non se planteou que desembarcara. A invasión foi apoiada por forzas aéreas navais, anfibias e tácticas.
 
O obxectivo principal da operación era apoderarse da gran [[illa de Okinawa]] a só 340 [[quilómetro|km]] de distancia do Xapón. Despois dunha longa campaña de ir choutando de illa en illa (os estadounidenses denominaron isto ''island hopping''), os Aliados achegábanse ao Xapón, e planearon usar Okinawa como base para as operacións aéreas para invadir o territorio xaponés, co nome en clave [[Operación Downfall]]. Finalmente os [[Bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki|bombardeos atómicos sobre Hiroshima e Nagasaki]] e a [[Batalla de manchuria|entrada soviética na guerra]] provocarían a [[rendición do Xapón]] tan só unhas semanas despois da fin dos combates en Okinawa.