Abrir o menú principal

Cambios

m
Xenebra (raíña)
[[Ficheiro:Spain LaCoruna tower.jpg|thumb|right|300px|[[Torre de Hércules|Torre de Breogán]], construída entre o século II-XVII. Dacordo cunha interpretación [[Celta|celtista]] galega, Breogán foi o pai de Ith, líder da primeira expedición a Irlanda. Dende a Torre, Ith avistaba a illa de Irlanda, hoxe a 900 km da costa galega, o que lle levaría a viaxar alí]]
O '''Le''abhar Ghabhála Érenn''''' (tamén '''''Lebor Gabála Éren''''', ''Libro das conquistas de Irlanda'', sería a tradución ó galego) é un conxunto de manuscritos que relatan a construción nacional irlandesa coma o sumatorio das distintas invasións dende a súa creación ata o [[século XI]], data na que está escrito.
 
# '''Da Historia dos Celtas dende a Diáspora das Nacións ata a Chegada a Irlanda''': Neste libro sitúase a orixe dos celtas gaélicos como descendentes do rei Fénius Farsaid, un dos setenta e dous próceres que construíron a Torre de Nimrod ([[Torre de Babel]]). A lingua irlandesa nace cando o seu avó Gaedel Glas a toma como unha das setenta e dúas linguas nas que se divide o mundo ca caída da torre. Este únese a Scotta, filla do Faraón de Exipto e ó igual que nos tempos de [[Moisés]] comezan un éxodo de catrocentos corenta e catro anos, chegando ó final deles a [[Hispania]]. Un dos seus descendentes, [[Breogán]], funda alí a cidade de [[Brigantium]] e nela constrúe unha torre dende a que o seu fillo [[Ith]] podía ver [[Irlanda]]. Trátase da [[Torre de Hércules]]. Este mito permanece na cultura galega, formando parte da identidade galega, estando presente no Himno nacional, onde se lle chama a [[Galiza]] a ''Nazón de Breogán''.
# '''Do Pobo de Cessair''': No terceiro libro cóntase a historia de Cessair, filla de Bith ([[Noé]]?) que avisa ao seu pai da chegada do [[Diluvio Universal]]. Conseguen partir en barcos feitos de árbores pero só chegan ao seu destino, Irlanda, un dos tres barcos. Neles vai ela, Cessair, con outras corenta e nove mulleres e só tres homes (o seu pai, o seu compañeiro Fintán Mac Bóchra e o temoneiro Ladra). As mulleres escollen ao seu home, de forma que Cessair e outras dezaseis mulleres elixen a Fintán; outras dezaseis, xunto con Bairrfhind, compañeira de Cessair, elixen ao seu pai. As restantes dezaseis elixen a Ladra, que morre pouco despois sendo o primeiro home a ser soterrado en terra irlandesa. Corenta días despois chega o Diluvio, e Fintán logra sobrevivir refuxiándose durante un ano nunha cova baixo as augas. Chamado o Ancián Branco, vive durante 5500 anos trala Inundación e presenza os seguintes asentamentos celtas baixo a forma dun salmón, unha aguia e un falcón sucesivamente.
# '''Do Pobo de Partholón''': trescentos anos tralo diluvio, Partholón, da mesma estirpe dos Gaélicos, chega a Irlanda cos seus tres fillos e o seu pobo. Tras dez anos de paz chega a guerra cos Fomorianos, unha raza de demos acaudillados por Cichol Gricenchos. O pobo de Partholón sae vitorioso, pero por pouco tempo. En só unha semana son decimados por unha praga -cinco mil homes e catro mil mulleres- que son soterrados na Chaira do Elta, ao sudoeste de [[Dublín]], nunha área chamada Tallaght, que significa "a grande praga" en gaélico. Só un home sobrevive a ela, Tuán Mac Cairell, quen (do mesmo xeito que Fintán Mac Bóchra) sobrevive durante séculos encadeándose nunha serie de transmigracións, de forma que actuará como testemuña da historia posterior. Este libro inclúe tamén a historia de Delgnat, a muller de Partholón, que é similar á da [[Xenebra (raíña)|Xenebra]] [[ciclo artúrico|artúrica]].
# '''Do Pobo de Nemed Treina''': anos tras a desaparición dos Partolonianos, Irlanda é ocupada polo pobo de Nemed, cuxo bisavó fora irmán de Partholón. Durante a ocupación, deben enfrontarse de novo aos Fomorianos, pero após a súa morte esta xente é escravizada por dous líderes Fomorianos, More e Conan. Contodo, conseguen asaltar a Torre de Conan na Illa Tory. Conseguen a vitoria pero nunha batalla contra More destrúense ambas as dúas armadas. Unha nova inundación cobre Irlanda, decimando aos nemedianos, e só un puñado de sobreviventes se dispersan polas catro esquinas do mundo.
# '''Do Pobo de Fir Bolg, Fir Domnann e Fir Gálioin''': Un grupo da dinastía de Nemed aséntase en Grecia, onde son escravizados. Douscentos trinta anos tras Nemed volven a Irlanda, e alí sepáranse en tres nacións, os Fir Bolg, os Fir Domnann e os Fir Gálioin, e alí permanecen até a chegada dos Tuatha Dé Danann.
101.505

edicións