Afrika Korps: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: hu:Német Afrika-hadtest
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 11:
A finais de marzo, o Afrika Korps atacou as desguarnecidas tropas británicas de [[Cirenaica]]. A audacia de Rommel e a súa valiosa experiencia na utilización dos [[tanque]]s, adquirida en [[Francia]] o ano anterior, sorprendeu completamente ás tropas de Wavell. A mediados de abril, os alemáns alcanzaron a fronteira de [[Exipto]], capturaron ao xeneral O'Connor e illaron o porto de [[Tobruk]], onde unha guarnición [[Australia|australiana]] tratou de aguantar a súa posición.
 
Wavell pediu urxentemente reforzos e en maio creu estar en condicións de emprender un contraataque. A pesar do éxito inicial, resultou un fracaso. En xuño tratou de endereitar unha nova ofensiva, que tampouco fraguou. En xullo, Wavell foi relevado e tomou o mando o xeneral sir [[Claude Auchinleck]]. Durante os seis meses seguintes, Auchinleck concentrou e organizou as súas tropas británicas e da [[Commonwealth de Nacións|Commonwealth]] no norte de África, e comezou a preparar unha campaña cuxo obxectivo era liberar [[Tobruk]] e recuperar Cirenaica. Tras un intento errado en novembro de romper o cerco de Tobruk, as tropas de Auchinleck conseguiron, con todo, o seu obxectivo o [[10 de decembro]]. Liberada a praza, os ingleses proseguiron ata a cidade de [[Bengasi]], que ocuparon o 24 do mesmo mes. Pero o éxito de [[Inglaterra]] foi transitorio.
 
== A batalla do Alamein ==