Semiótica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 3:
A '''semioloxía''' ou '''semiótica''' é o estudo do [[signo]]. Inclúe o estudo de como se constrúe e comprende o [[significado]].
 
Este campo de estudo foi proposto polo lingüista [[Suíza|suízo]] [[Ferdinand de Saussure]] ([[1857]]-[[1913]]) no seu ''Curso de Lingüística Xeral'' proferidoditado na Universidade de [[Xenebra - Genève|Xenebra]] a comezos do [[século XX]], cando creou as bases do que é hoxe a [[lingüística]] moderna. Saussure propuxo o estudo da vida dos signos no seo da vida social, que englobaría a [[lingüística]] e se integraría na [[psicoloxía]], como ramo da [[psicoloxía social]].
 
A súa suxestión foi adoptada, seguida e desenvolvida principalmente a través dun grupo de intelectuais europeos centrados especialmente na [[Francia]], que recibiu o nome de [[estruturalismo (lingüística)|estruturalismo]], pois os seus membros adoptaran, para a práctica das ciencias humanas en xeral, o método estruturalista practicado por Saussure na súa creación da lingüística moderna.