Teoría de cordas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Introducín categoría "Protociencia"
m grao Celsius
Liña 7:
Existen, así mesmo, outras definicións das supercordas, desde falar de dez dimensións, relacionándose coa teoría matemática dos Calabi, até descender do modelo heterótico das dez dimensións até as catro dimensións. Tense proposto unha cota de dez elevado a 1.500 teorías subxacentes posibles, algunhas das cales estarían en contradición. Buscar entre elas algo coherente, sería ao final unha maior dificultade que atopar a TOE (teory of everything, [[teoría do todo]]).
 
Entrando en detalles sobre os modelos das supercordas: as [[partícula elemental|partículas elementais]], con masas menores que a masa de Planck (2.176716x10<sup>-8</sup>[[kg]]) poden tratarse como excitacións ou vibracións de baixa enerxía de cordas. As frecuencias de vibración dunha supercorda están determinadas pola súa [[tensión mecánica|tensión]], que a súa vez relaciónase coa masa de Planck, que é, de toda a teoría, o único parámetro con dimensións definidas (2,176716x10<sup>-8</sup>kg). A tensión da corda son 10<sup>39</sup> toneladas, de xeito que a diferencia de enerxía entre un [[estado físico|estado]] vibracional máis baixo da corda (que corresponde na natureza ás partículas de [[masa]] cero, que sería o que observamos) e o seguinte estado (que corresponde ás partículas masivas máis livianas) é moi grande: as partículas elementais máis lixeiras terían a masa dun grao de po.
 
Algo do máis importante nesta teoría é o concepto de supersimetría, unha [[simetría]] especial que transforma [[bosón]]s e [[fermión]]s entre si e unifica as partículas de [[spin]] [[enteiro]] e semienteiro.
 
Agárdase que a supersimetría sexa exacta tan só a [[temperatura]]s moi altas (así como a 10<sup>32</sup> [[grao]]s [[centígradoCelsius|graos centígrados]]s), ao cal só se chegou no [[universo]] cando este só tiña 10<sup>-43</sup> segundos de idade). Á temperatura media do universo actual ("algo" máis baixa, 3,45 +/- 0,78[[Kelvin|K]],uns -270[[grao centígrado|ºC]]) a supersimetría sería só aproximada, polo que entón as partículas máis lixeiras non terían masa cero, senon aquela que corresponde coa medida experimentalmente.
 
Ben, entón por que chegamos a quedarnos en só catro dimensións? unha das teorías do día traballa o concepto de [[compactificación]]. Con este método pódese facer que varias das dimensións queden ocultas, curvándose sobre si mesmas e facendo unha [[estrutura]] demasiado pequena para ser visíbel. Suponse que ao comezo do universo todas as dimensións estaban curvadas (cun raio de tan só 1,6x10<sup>-35</sup>metros, a distancia de Planck), e logo, durante súa expansión e enfriamento, catro delas espandíronse e despregáronse formando o actual espazo de aspecto [[tetradimensional]].