Rāmāyaṇa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 7:
== Orixes e contido.==
 
O ''Rāmāyaṇa'' comeza tras o nacemento de Rāma pola súplica da Terra devastada que, en forma dunha vaca, se dirixe a [[VisnúVishnu]] e lle lembra a súa responsabilidade.
 
O ''Rāmāyaṇa'' conta o nacemento e educación do príncipe [[Rāma]] que é o sétimo [[avatar (hinduísmo)|avatar]] do deus [[VisnúVishnu]], a conquista de [[Sîtâ]] e a súa unión con ela. A obra conta tamén o exilio de Rāma, o rapto de Sîtâ, a súa liberación e a volta de Rāma ao trono.
 
Cando o apartan do trono de seu pai (do cal é o herdeiro lexítimo), Rāma exíliase en [[Ayodhya]], acompañado por Sîtâ e o seu irmán [[Lakshmana]]. Logo o demo [[Râvana]] rapta a Sîtâ e mantena prisioneira en Lankâ (que se identifica coa illa de [[Sri Lanka]], pero que algúns autores como [[Louis Frédéric]] sitúan sobre unha do grupo das sete illas – se cadra a ''[[Heptanesia]]'' de [[Ptolomeo]] – que están no orixe da cidade de [[Mumbai]]). Tras unha busca longa e penosa, Rāma libéraa coa axuda de [[Hanuman]], xeneral do exército dos monos. Râvana morre a mans de Rāma, que recupera logo o seu trono e goberna o seu reino con grande sabedoría.