Rāmāyaṇa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Literatura india mediante HotCat
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 13:
Cando o apartan do trono de seu pai (do cal é o herdeiro lexítimo), Rāma exíliase en [[Ayodhya]], acompañado por Sîtâ e o seu irmán [[Lakshmana]]. Logo o demo [[Râvana]] rapta a Sîtâ e mantena prisioneira en Lankâ (que se identifica coa illa de [[Sri Lanka]], pero que algúns autores como [[Louis Frédéric]] sitúan sobre unha do grupo das sete illas – se cadra a ''[[Heptanesia]]'' de [[Ptolomeo]] – que están no orixe da cidade de [[Mumbai]]). Tras unha busca longa e penosa, Rāma libéraa coa axuda de [[Hanuman]], xeneral do exército dos monos. Râvana morre a mans de Rāma, que recupera logo o seu trono e goberna o seu reino con grande sabedoría.
 
Na parte que constitúe probabelmente un engadido posterior, Sîtâ é acusada polo rumor público de ter cometido adulterio durante a súa catividade. Malia ser inocente, deixa a [[Rāma]] levando o seu fillo canda ela e acóllea o ermitán [[Valmiki]] (personaxe que a tradición identifica como o autor do ''Rāmāyaṇa''}}). Tras varios anos, esta inxustiza resulta reparada, Sîtâ volve con Rāma.
 
[[Ficheiro:അറബിയിലുള്ള രാമായണം.JPG|thumb|Edición do ''Ramayana'' en árabe, finais do século XVI.]]