Eclecticismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m "A partir de" loc. prep. Tomando como punto de partida [aquilo que se di]
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 4:
O eclecticismo desenvolveuse en [[Grecia antiga|Grecia]] a partir do século II a. C. como unha maneira de sintetizar os grandes achados intelectuais da filosofía clásica anterior dos [[presocráticos]], [[Platón]] e [[Aristóteles]]. Por exemplo, [[Antíoco de Ascalón]] compaxinou o [[estoicismo]] e o [[escepticismo]], e [[Panecio de Rodas]] baseou o seu pensamento no [[platonismo]] e no [[estoicismo]].
 
Os pensadores romanos, que nunca desenvolveron un sistema filosófico propio, inclináronse por este tipo de pensamento: [[Marco Tulio Cicero|Cicerón]], por exemplo, que asimilou teorías do estoicismo, do escepticismo e dos [[Escola peripatética|peripatéticos]], sen considerar a súa desunión esencial.
 
Entre os cristiáns, [[Clemente de Alexandría]] e [[Oríxenes]] combinaron a [[metafísica]] grega e as ideas xudeocristiás das Santas Escrituras. Xa a finais da Idade Media, o mestre da [[Devotio moderna]] [[Eckhart]] formulou un sistema de filosofía cristiá baseado en Aristóteles, os seus comentaristas árabes medievais, o [[neoplatonismo]] e a [[Cábala]] ou mística hebrea.
 
== Eclecticismo en Europa ==
En España, o Eclecticismo desenvolveuse no seo da [[Ilustración]] do século XVIII como única escola alternativa á [[Escolástica (filosofía)|escolástica]] dominante sen suscitar os receos da [[Inquisición]] e nese senso destacan pensadores como [[Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro|Benito Xerónimo Feijoo]] ou o médico e lóxico aragonés [[Andrés Piquer]]..
 
No século XIX rebrotou aínda o eclecticismo en Francia a través da obra do filósofo [[Victor Cousin]], que tratou de xuntar o [[idealismo]] de [[Immanuel Kant]], a filosofía do sentido común e as doutrinas indutivas de [[René Descartes]].