Alexandre de Hesse-Darmstadt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Traxectoria ==
 
Como calquera outroO príncipe, Alexandre mantivo a tradición marcial da súa familia e serviu no Exército Ruso, onde foi un distinguido soldado cunha brillante carreira por diante. Mandaba un rexemento de lanceiros e foi premiado coa [[Cruz de San Xurxo]]. O feito de que súa irmá María fose a zarevna (princesa herdeira) de Rusia (esposa do futuro tsar [[Alexandre II de Rusia]]) non era unha desvantaxe para os seus propósitos.
 
Esta prometedora carreira foi destruída por un escándalo, pois Alexandre namorouse da condesa [[Xulia de Hauke]], unha camareira de súa irmá María Alexandrovna. A condesa era unha orfa de orixe xermana-polaca, protexida do tsar, e filla do antigo ministro de guerra do tsar. Co tempo, o tsar [[Nicolás I]] considerou a Alexandre coma un posíbel marido para súa sobriña, mais informado do romance prohibiu a maridaxe; era inconcebíbel que unha persoa próxima á familia imperial casase cunha simple condesa. O [[Almanaque de Gotha]], léxico e guía das clases tituladas europeas, era moi claro en asuntos de índole matrimonial.