Jean-François Champollion: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: ia:Jean-François Champollion
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 26:
De [[1828]] a [[1830]] realiza, por fin, o seu gran soño: parte nunha misión científica a Exipto e recolle numerosos datos e obxectos. Confirma no terreo os seus descubrimentos, devolve a voz aos monumentos do antigo Exipto, orixinando a unha nova disciplina: a [[exiptoloxía]]. [[Carlos X de Francia]] e o gran duque de [[Toscana]], [[Leopoldo II de Toscana|Leopoldo II]], aceptaron financiar a expedición de doce membros dirixida por Champollion e o seu primeiro discípulo: o orientalista Italiano, [[Ippolito Rosellini]]. Partirán do porto de [[Tolón]] o [[21 de xullo]] de [[1828]], desembarcasen en [[Alexandría]] o 18 de agosto. En [[setembro]] de [[1828]] ao pasar por [[O Cairo]], Champollion visita a [[mesquita]] onde se atopa a [[estela (monumento)|estela]] que leva inscrita o [[Decreto de Canopo]], inmediatamente entende a importancia deste texto bilingüe que data do reinado de [[Ptolomeo III]] Everxetes para conseguir descifrar os xeroglíficos.
 
Pedirá axuda ao cónsul francés en [[Alexandría]] [[Bernardino Drovetti]]. Este usará a súa influencia co [[paxá]] [[otomán]] de Exipto [[Mehmet Alí]] e logrará engadir a estela na lista de agasallos do paxá ao rei [[Carlos X de Francia]], e terá como destino final a colección exipcia no [[Museo do Louvre]]. Desde Uadi Halfa, enviará a súa segunda ''Lettre à M. Dacier'', na cal responde a todos os seus detractores sobre os seus novos descubrimentos. Durante un tempo viviu no sepulcro de [[Ramsés IV]]. Levarase consigo dous [[baixorrelevo]]s da tumba de [[Seti I]], un acabará no [[Museo do Louvre|Louvre]] e outro no museo Exipcio de [[Florencia - Firenze|Florencia]].
 
A súa colección de debuxos e notas era inmensa, unha boa parte serán publicadas na serie de dez tomos ''Monumenti dell'Egitto e della Nubia'', publicada por Rosellini. Ao seu regreso da expedición obtén a cátedra de Arqueoloxía Exipcia no [[Collège de France]], e é escollido como membro da [[Academia das inscricións e linguas antigas]] (''L'Académie des Inscriptions et Belles-lettres'').