Abrir o menú principal

Cambios

 
== Orixe ==
O ADN nuclear e o mitocondrial teñen unha orixe evolutiva diferente. O ADNmt deriva dos xenomas circulares das [[bacteria]]s que foron incorporadas polos devanceiros dos eucariotas e viviron en [[endosimbiose]] con eles, acabando por converterse nun orgánulo da célula hospedadora. Esta teoría denomínase [[teoría endosimbiótica]]. Cada mitocondria estímase que contén de 2-10 copias do ADNmt.<ref name=Wiesner>{{cite journal | author=Wiesner RJ, Ruegg JC, Morano I |year=1992 |title=Counting target molecules by exponential polymerase chain reaction, copy number of mitochondrial DNA in rat tissues | journal=Biochim Biophys Acta. | volume=183 |pages=553–559 |pmid=1550563 | issue=2}}</ref> Nas células dos organismos actuais, a gran maioría das [[proteína]]s presentes nas mitocondrias (ata 1500 diferentes en [[mamífero]]s) están codificadas polo [[ADN nuclear]], pero os xenes dalgunhas delas, se non da maioría, pénsase que teñen orixe bacteriana, pero que foron despois transferidos ao núcleo eucariótico durante a [[evolución]].
 
== Herdanza do ADNmt ==
174.384

edicións