Curaçao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-Surinam +Suriname)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 62:
O dominio español mantívose durante todo o século XVI, período durante o cal, os seus habitantes orixinais foron trasladados cara á colonia da illa [[a Española]]. Serviu de ponte para a exploración e [[Conquista de América|conquista española]] de territorios no norte de [[Sudamérica]]. A illa foi abandonada paulatinamente, a medida que avanzaba a [[Colonización europea de América|colonización]] do continente.
 
Os primeiros rexistros de asentamentos neerlandeses na illa, datan do ano 1621 pola necesidade de fornecemento de recursos vitais como [[madeira]] e [[Cloruro de sodio|sal]]. Foi durante o ano 1634, que unha expedición da [[Compañía holandesa das Indias Occidentais]], ao mando de [[Johan van Walbeeck]], reclamou a illa para os [[Países Baixos]].
 
A mediados do século XVII establécense na illa colonos neerlandeses, e xudeus sefardíes orixinarios da Península Ibérica, provenientes principalmente do [[Brasil]]. Con eles mellóranse as técnicas para o cultivo de cítricos e a explotación de salinas. En 1642, [[Peter Stuyvesant]] é designado gobernador. Con el, a illa transfórmase nun importante centro de comercio, e establécese, o que chegaría a ser, un dos principais mercados de escravos, para as colonias europeas en [[América]]; especialmente para o Brasil. Feito este, que dá un forte impulso ao desenvolvemento económico da colonia.