Fernando I, Sacro Emperador Romano-Xermánico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.2) (Bot: Engado: eu:Fernando I.a Habsburgokoa
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 30:
En 1540, Xoán Sexismundo Zápolya, fillo de Xoán con Sabela Jagelán, foi elixido rei de Hungría, inicialmente apoiado polo rei seu tío, Sexismundo II de Polonia e Lituania, irmán de Sabela. En 1549 un tratado foi asinado entre os Habsburgos e o soberano polaco: a Polonia ficou neutra no conflito cos Habsburgos e Sexismundo II casou con Isabel de Habsburgo, filla de Fernando I.
 
Como soberano de Austria, Bohemia e Hungría, Fernando I tentou centralizar e construír unha monarquía absoluta moderna. En 1527 editou unha constitución para os seus dominios hereditários (Hofstaatsordnung) e estabeleceu institucións á moda austríaca en Bratislava para [[Hungría]], en [[Praga - Praha|Praga]] para a [[Bohemia]] e en Wrockaw (Breslau) para a [[Silesia]]. Unha forte oposición dos nobres forzouno en 1559 a declarar tales institucións libres de supervisión polo goberno central en [[Viena]].
 
En 1551 chamou aos xesuítas a Viena e en 1556 a Praga, reactivando o arcebispado desta última. Príncipe católico, apoiou a Contra-Reforma.