Ben Shepherd: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m dazaseis -> dezaseis
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 21:
 
== Biografía ==
Ben naceu nunha base militar estadounidense en Okinawa, Xapón. A súa familia trasladouse a Texas, e posteriormente instalouse en Bainbridge Island, [[Estado de Washington|Washington]] onde Shepherd medrou. Shepherd tocou en varias bandas de [[punk rock]] cos seus amigos antes da adolescencia. Despois de graduarse no instituto, traballou de carpinteiro e de obreiro. Comezou a envolverse na escena [[grunge]] cando traballou de ''roadie'' para [[Nirvana]] e tocou en Tic Dolly Row con [[Chad Channing]].
 
A primeira vez que realizou unha audición para ocupar o posto de baixista en [[Soundgarden]] foi en [[1989]], despois da saída de [[Hiro Yamamoto]], pero foi rexeitado porque non tocaba os temas o suficientemente ben. [[Jason Everman]] foi contratado como novo baixista, pero por razóns descoñecidas, foi despedido despois de que [[Soundgarden]] completase a súa xira promocional a mediados de [[1990]]. Shepherd foi entón contratado para o posto.