Humphrey Bogart: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: co:Humphrey Bogart
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 66:
En [[1951]], a película ''A raíña de África'' (The African Queen, John Huston), coprotagonizada xunta [[Katharine Hepburn]], demostrou que un avellentado Bogart aínda tiña moito que dicir no cine. Foi unha rodaxe dura, en terra africanas, acosado pola calor e polos mosquitos. Ademais Huston e Bogart, segundo contan as testumuñas, adoitaban emborracharse case acotío. Con todo, o papel do túzaro mariñeiro Charlie Alnutt gañou para Bogart o seu primeiro [[Oscar]].
 
Ademais, seguramente impulsado pola súa esposa Lauren Bacall, Bogart reuniu a un fato de amigos do mundo do cine e presentouse en [[Washington, D.C.|Washington]] para opoñerse ó [[Comité de Actividades Antiamericanas]] do Congreso dos Estados Unidos presidido polo infausto senador McCarth. Bogart e os seus compañeiros protestaban polas citacións que empezaban a recibir algúns dos homes e mulleres do mundo do cine e as veladas acusacións de pertenceren ó partido comunista formuladas contra moitos. Pero Bogart tivo que recuar. Os estudios presionárono e Bogart abandonou a campaña tras unha inicial vitoria. Ademais, parece ser que se desencantou ó saber que algúns dos acusados polo Comité realmente pertencía a organizacións socialistas e comunistas.
 
''O motín da Caine'' (The Caine Mutiny, [[Edward Dmytryk]], [[1954]]) e ''Sabrina'' (Sabrina, [[Billy Wilder]], [[1956]]) foron as últimas grandes películas protagonizadas por Humphrey Bogart. Pero a súa saúde, nestes últimos anos, resentírase. Nunca fora un home vigoroso: a súa afección á bebida non o axudou, xunto con que era un fumador empedernido. Ademais, entre 1954 e 1956 rodou nove películas consecutivas. É certo que estaba afeito a un alto ritmo de traballo, pero Humphrey Bogart xa non era ningún mozo. Finalmente detectóuselle un cancro de esófago incurable.