Piñor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
actualizo datos eleccións 2011 e alcalde
Liña 74:
O autor [[Miguel Romaní]] fala da historia no concello durante a Idade Media nas obras ''Colección diplomática do Mosteiro de Oseira'' e ''Catálogo del archivo Monacal de Osera en 1629''. Daquela a configuración parroquial era algo diferente (aínda non existían as de Torcela e Barrán), e xa aparecen mencionadas as pontes de Mirela e Arenteiro.
 
Na obra ''Los caminos medievales de Galicia'', [[Elisa Ferreira Priegue]] menciona que había varios camiños atravesando a zona, o máis importante deles o que unía Ourense e Santiago de Compostela, que pasaba por Cudeiro, Tamallancos, Ponte Sobreira, Sobreira, Faramontaos, Viduedo, Casas Novas, Cea, [http://www.youtube.com/watch?v=5kNhkFQILHQ Piñor], Ponte Arenteiro e Carballeda antes de continuar cara á [[comarca do Deza]]. [[Vicente Risco]] achega máis datos en ''Geografía del Reino de Galicia'', apuntando que dende Cea o camiño atravesaba Ponte Cotelas, Canda, Ponte Mirela, Barrán, Piñor e Carballeda. Á beira desta vía naceron as poboacións de Mirela, Senderiz e Piñor. Outros camiños, configurados en base á vía principal, eran o que atravesaba a Canda por Guimarás para chegar a Oseira, e o que partía da ponte do Arenteiro cara a Castro de Vence, remontando o río Arenteiro pola marxe esquerda.
 
O [[mosteiro de Oseira]] adquiriu terras e propiedades nas parroquias de Piñor moitas mediante doazóns e compras, que eran aforadas a cambio dunha renda. Para recoller estas rendas, e asegurarse de que as terras fosen ben traballadas, o mosteiro contaba, segundo o Rotello Vello, un tumbo de século XIV, cunha serie de mordomos distribuídos polas parroquias. O produto máis cultivado era o [[centeo]]. Na parroquia de Loeda impulsouse o cultivo da [[vide]].