José Zorrilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Furado (conversa | contribucións)
m Arranxo.
mSen resumo de edición
Liña 12:
Finxiu ser un artista [[italia]]no para debuxar no Museo das Familias. Publicou algunhas poesías en ''El Artista'' e pronunciou discursos revolucionarios no Café Nuevo, que os levaron a ser perseguido pola policía, tendo que refuxiarse na casa dun cigano. Daquela fixo amizade con [[Miguel de los Santos Álvarez]] e o italiano [[Joaquín Masard]]. Trala morte de [[Mariano José de Larra|Larra]] en [[1837]], José Zorrilla declama na súa memoria un improvisado poema co que logra a amizade de [[José de Espronceda]] e [[Juan Eugenio Hartzenbusch]], e que o consagraría coma poeta de renome. Comezou a escribir para os periódicos ''El Español'', onde substituíu ao falecido, e ''El Porvenir''. Empezou a frecuentar a [[tertulia]] de [[El Parnasillo]] e leu poemas en El Liceo. O seu primeiro drama, escrito en colaboración con García Gutiérez, foi ''Juan Dándolo'', estrenado en xullo de [[1839]] no Teatro del Príncipe. En [[1840]] publicou os ''Cantos del trovador'' e estrenou tres dramas, ''Más vale llegar a tiempo'', ''Vivir loco y morir más'' e ''Cada cual con su razón''. En 1842 publica ''Vigilias de Estío'' e dá a coñecer as obras teatrais ''El zapatero y el rey'', ''El eco del torrente'' e ''Los dos virreyes''.
 
En 1838 casou con Florentina O'Reilly, unha viúva irlandesa arruinada moito maior ca el e cun fillo, pero o matrimonio foi infeliz; un fillo que tiveron morreu, e el tivo varias amantes. En 1845 abandonou á muller e marchou a [[París]], onde asistiu a algúns cursos na facultade de Medicina{{cómpre referenciasreferencia}}. Alí mantivo amizade con [[Alexandre Dumas (pai)|Alejandro Dumas]], [[Alfred de Musset]], [[Víctor Hugo]], [[Théophile Gautier]] e [[George Sand]].
 
Volveu a [[Madrid]] en [[1846]] ao morrer a súa nai. Vendeu as súas obras á casa Baudry de París, que as publicou en tres tomos en [[1847]]. En [[1849]] recibiu varias honras: foi nomeado membro da xunta do recén fundado [[Teatro Español]]; o Liceo organizou unha sesión para exaltalo publicamente e foi admitido na [[Real Academia Española]] (se ben non tomou posesión até [[1885]]). Pero o seu pai morreu ese mesmo ano e iso supúxolle un duro golpe, pois o feito de que se negara a perdoalo e as considerables débedas que lle deixou, supuxeron un gran peso na súa conciencia e no seu peto, o que afectou á súa obra.
Liña 22:
Trala morte da súa esposa, regresou a [[España]] en [[1866]]. Tras saber do fusilamento de Maximiliano, verqueu no poema "[[El drama de un alma]]" todo o seu odio contra os liberais mexicanos, así como contra os que abandonaran ao seu amigo, [[Napoleón III]], e o [[Papa]]. Desde entón a súa [[fe]] relixiosa sufriu un duro golpe. Recuperouse casando con [[Juana Pacheco]] en [[1869]], pero regresaron os seus apuros económicos, que non puideron evitar nin os recitais públicos da súa obra, nin unha comisión gubernamental en [[Roma]] ([[1873]]), nin unha pensión outorgada demasiado tarde, aínda que recibía a protección dalgúns personaxes da alta sociedade española coma os [[José Manuel de Goyeneche y Gamio|condes de Guaqui]]. Porén, as honras seguían a caer sobre el: cronista de [[Valladolid]] ([[1884]]), coroación coma poeta nacional laureado en [[Granada, España|Granada]] en [[1889]], etc.
 
Morreu coma consecuencia dunha operación efectuada para extraerlle un tumor cerebral. Foi enterrado no [[CementerioCamposanto de San Xusto de Madrid|cementeriocamposanto de San Xusto]] de [[Madrid]], pero en [[1896]], cumprindo a súa vontade, os seus restos foron levados a [[Valladolid]]. Na actualidade atópanse no Panteón de Vallisoletanos Ilustres do cementeriocamposanto do Carme.
 
== Literatura ==