Frank Marshall: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: fi:Frank Marshall (shakinpelaaja)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 21:
En [[1907]] disputou o [[Campionato do mundo de xadrez]] a [[Emanuel Lasker|Lasker]] para o título. Celebrouse en [[Nova York]], [[Filadelfia]], [[Wáshington, DC]], [[Baltimore]], [[Chicago]] e [[Memphis (Tennessee)|Memphis]] desde o 26 de xaneiro ata o 8 de Abril de [[1907]]. Perdeu 8, non gañou ningunha partida e empatou 7.
 
En [[1909]] disputou un match cun novo xadrecista [[Cuba|cubano]]. Ante a sorpresa xeneralizada, o mozo [[José Raúl Capablanca|Capablanca]] venceu o match. Marshall perdeu 8 encontros, empatou 14 e unicamente gañou unha partida. Logo deste revés, Marshall insiste en dar o seu apoio a Capablanca para que se lle invite ao torneo internacional de [[Donostia-San Sebastián|San Sebastián]] en [[1911]]. San Sebastián era un torneo elitista da época, onde só invitaban a grandes xogadores. Capablanca non só deu a talla, senón que se adxudicou o torneo.
 
En [[San Petersburgo]] en [[1914]], Marshall formou parte dos primeiros 5 [[Gran Mestre Internacional|grandes mestres]]. Os outros 4 eran [[Emanuel Lasker|Lasker]], [[José Raúl Capablanca|Capablanca]], [[Alexander Alekhine|Alekhine]] e [[Siegbert Tarrasch|Tarrasch]]. En [[1915]] inaugurou o ''Club de xadrez Marshall'' en Nova York.