Ricimer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+cat. Roma antiga
m →‎Consolidación do seu poder: Valencia - València
Liña 14:
Ricimer foi o resto da súa vida o gobernante ''de facto'' do que quedaba do imperio occidental, agora reducido ao sur da Galia e a Italia. Porén, o seu xeito de exercer o poder fixo del unha das figuras máis controvertidas do seu tempo. Como ''bárbaro'' que era, non puido asumir a púrpura imperial e o título de [[augusto]] (emperador) el mesmo; por outra banda, a súa influencia poderosa sobre os augustos en Roma deulle prestixio e influencia sobre os outros pobos xermánicos que ocupaban a [[Gallia]], [[Hispania]], [[África]]. Isto deulle dúas opcións; disolver a corte imperial occidental e gobernar oficialmente coma un ''dux'', ou gobernador, dun único emperador en Constantinopla, ou elevar as súas propias figuras decorativas e gobernar por medio deles. Escolleu o segundo camiño, mesmo indo tan lonxe como para inscribir o seu nome nas moedas xunto co emperador.
 
En [[457]], Ricimer estableceu a [[Maioriano]] como emperador do oeste e induciu a León a que dese o seu consentimento. Porén, Maioriano resultou ser un gobernante capacitado e en pouco tempo a situación tensouse ao aspirar a actuar sen o ''placet'' de Ricimer. Maioriano foi derrotado (unha posibilidade é que fose traizoado) por Xeiserico preto da actual [[Valencia - València|cidade de [[Valencia]], mentres tentaba organizar unha expedición contra o vándalo en [[461]]. Ricimer obrigouno entón a abdicar e probabelmente ordenou o seu asasinato o [[7 de agosto]] de [[461]]. O sucesor que Ricimer situou agora no trono foi [[Libio Severo]], quen resultou ser máis dócil que Maioriano, pero tivo que afrontar o rexeitamento de León no leste e a rivalidade de [[Exidio]] na Galia. Despois da morte de Libio Severo en [[465]]; segundo algúns debido ao envelenamento ordenado polo propio Ricimer; este mesmo gobernou o Oeste sen emperador durante dezaoito meses.
 
Finalmente, despois de longas negociacións nas que el e Xeiserico, agora traballando en conxunto, intentaron impoñer o seu propio candidato coma emperador a León, Ricimer aceptou o candidato de León, [[Antemio]]. Diplomaticamente casou coa filla de Antemio e por algún tempo viviu en paz con el.