Diferenzas entre revisións de «Partido Republicano Democrático Federal»

m
→‎Reorganización do partido: Restauración borbónica en España
m (→‎Constitución do partido: Valencia - València)
m (→‎Reorganización do partido: Restauración borbónica en España)
 
==Reorganización do partido==
Coa [[Restauración]] borbónica en España|Restauración borbónica]] de [[1874]] o partido quedou desorganizado e falto de liderado. Ata o ano [[1880]] non empeza a reorganizarse, grazas ao ascenso ao poder de [[Práxedes Mateo Sagasta]]. Pero unha gran parte dos líderes coñecidos (Tomàs i Salvany, Pascual i Cases, Rubau Donadeu, Coromines, en Cataluña; [[Joaquim Fiol]] nas [[Illas Baleares]]) aliñáronse con [[Emilio Castelar]] e fracasaron os intentos de achegamento entre Figueras e Pi i Margall, á vez que [[Valentín Almirall]] deixaba o partido en [[1881]]. Aínda así, contaba con [[Josep Maria Vallès i Ribot]], cabeza federal en Cataluña, o mallorquino [[Antoni Villalonga]] e outros. Na Asemblea de [[Zaragoza]] de xuño de [[1883]] aprobouse un proxecto de constitución federal e recolleu basicamente as liñas elaboradas polo congreso rexional do partido en Cataluña, celebrado os meses de abril e maio do mesmo ano, que aprobou o proxecto de constitución do Estado Catalán dentro a Federación Española asinado por Sunyer i Capdevila, [[Josep Maria Vallès i Ribot]], [[Baldomer Lostau i Prats|Lostau]] e Tutau.
 
No ano [[1894]] fixouse o seu ideario de xeito claro e concreto coa redacción do ''Programa do Partido Federal'', pero o seu crecemento foi moi escaso. Pi i Margall foi deputado a partir de [[1886]], así como Vallès i Ribot, pero agudizouse o case exclusivo apoio de Cataluña. Ademais, a súa operatividade estaba minguada por unha continuada resistencia aos intentos reunificadores do republicanismo e o mantemento dunha ríxida ortodoxia doutrinal. A finais do [[século XIX]] era unha forza desorganizada, pese ao prestixio de Pi i Margall e o partido en Cataluña coa campaña de oposición á [[Guerra dos Dez Anos|guerra de Cuba]].
105.194

edicións