Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Os feitos: Valencia - València
m →‎Os feitos: Alfonso Armada y Comyn
Liña 15:
Pouco tempo despois e seguindo o plan previsto, sublevouse en [[Valencia - València|Valencia]] o Capitán General de la [[III Rexión Militar]], [[Jaime Milans del Bosch]], que sacou algunhas compañías de [[carros de combate]] á rúa, desde o porto de Valencia ata o centro da cidade, onde apuntaban aos edificios institucionais, como o concello ou as cortes valencianas. Decretou o Estado de excepción e tentou convencer a outros militares de secundar a súa acción. Ás nove da noite, un comunicado do Ministerio de Interior informaba da constitución dun goberno provisorio con subsecretarios de diferentes instancias ministeriais, presidido por Francisco Laína, para asegurar a gobernación do estado e en estreito contacto coa Xunta de Xefes do Estado Maior. Entretanto, outro xeneral, [[Torres Rojas]], fracasaba na súa tentativa de suplantar no mando da [[División Acorazada Brunete]] ao xeneral Juste, xefe da mesma, abortándose a pretensión de ocupar os puntos estratéxicos da capital, entre eles as sedes da Radio e Televisión, e a difusión dun comunicado relatando o éxito do golpe.
 
O Presidente da [[Generalitat de Cataluña]], [[Jordi Pujol]], pouco antes das dez da noite transmitía a toda España polas emisoras de Radio Nacional e Radio Exterior una alocución onde chamaba á tranquilidade. Ata a unha da noite xestionouse desde o Hotel Palace, nos arrededores do Congreso, lugar elixido como centro de operacións polo xeneral Aramburu Topete, daquela Director Xeral da Garda Civil e o xeneral Sáenz de Santa María, Director Xeral da Policía Nacional. Por alí tamén deambulou o xeneral [[Alfonso Armada y Comyn|Alfonso Armada]], parte do plan golpista, quen pretendía simulando negociar cos asaltantes, proporse a si propio como solución de consenso emulando ao xeneral francés [[De Gaulle]], fracasa cando se nega Tejero a que presidira un goberno do que tamén formarían parte socialistas e mesmo comunistas. Máis tarde, descubertos xa os seus plans, sería relevado do seu posto de 2º xefe do estado maior do exército pola súa implicación na trama golpista.<ref>[http://www.publico.es/espana/362858/alfonso-armada-estoy-satisfecho-de-como-actue-el-23-f Alfonso Armada: "Estoy satisfecho de cómo actué el 23-F"] ''El Público'', 30 aniversario do golpe</ref>
 
O rei tivo ata a noite para decidir a súa postura e trasmitiu sen dificultades por televisión a súa negativa a apoiar o golpe, isto permitiu abortalo a medida que avanzaba a noite. Xa á unha da madrugada do día 24 de febreiro, o Rei interveu en televisión, vestido con uniforme de Capitán Xeneral dos Exércitos para posicionarse contra os golpistas e desautorizar a Milans del Bosch. A partir dese momento o golpe dase por fracasado. Na medianoite, Alfonso Armada presentárase no Congreso cun dobre obxectivo: convencer ao tenente coronel Tejero que depuxese a súa actitude e asumir el propio o papel de xefe do goberno baixo as ordes do rei, en actitude anticonstitucional. Pero Armada non era a "autoridade competente" que esperaba Tejero e foi despachado violentamente. Pola súa banda, Milans del Bosch, isolado, cancelou os seus plans ás cinco da mañá e foi arrestado, porén Tejero resistíu ata mediodía do 24. Durante a mañá do día 24 os deputados foron liberados.