Diferenzas entre revisións de «Chaira aluvial»

m
Risco natural
m (Canle (enxeñería))
m (Risco natural)
Moitas veces a [[topografía]] das chairas costaneiras dos [[río]]s está en forma de [[cono (xeometría)|conos]], chamado [[abanico aluvial]], o que significa que o leito do río podería desprazarse con bastante facilidade, alagando zonas afastadas do leito principal actual. Devanditas zonas constitúen zonas interesantes para o desenvolvemento da [[rega]], debido á topografía favorable como para desviar auga do río cara a calquera punto da súa zona aluvial. Trátase entón de [[zonas vulnerables]].
 
Os ríos están xeralmente canalizados, protexendo así as zonas agrícolas tal como as zonas urbanas. Ademais, para ter acceso máis fácil a auga, as cidades foron, moitas veces, construídas moi preto dos ríos, o que as torna máis vulnerables. Para reducir os [[Risco natural|risco]]s de cambio importante de leito durante crecidas fortes, débese tomar en conta a [[dinámica fluvial]] dos ríos asociada co transporte de [[sedimento]]s, controlando a evolución das canles e evitando erros graves tales como puntos de redución excesivos da sección do río (con [[Presa de Derivación|presas derivadoras]], [[bocatoma]]s, [[ponte]]s, etc.).
 
Débese prever puntos de desborde dos ríos claramente identificados, coa realización de vertedoiros permitindo reducir os riscos de rotura incontrolada de diques, a fin de manexar no canto de sufrir as consecuencias de eventos excepcionais.
106.457

edicións