Paco Ibáñez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-governo +goberno, -Governo +Goberno)
m Valencia - València
Liña 1:
[[Ficheiro:Paco Ibañez 005.JPG|thumb|right|Paco Ibáñez en 2005.]]
'''Paco Ibáñez''', nado en [[Valencia - València|Valencia]] o [[20 de novembro]] de [[1934]], é un [[cantante]] [[España|español]], que dedicou case integramente a súa traxectoria artística a realizar versións musicadas de obras de poetas españois, antigos e contemporáneos.
 
==Traxectoria==
===Os seus inicios===
De pai [[valenciaValencia - València|valenciano]] e nai [[PaísComunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia vascoErkidegoa|vasca]], é o menor de catro irmáns. Pasa os seus primeiros anos en [[Barcelona]], a onde regresará na súa vellez. Trala [[guerra civil española|guerra civil]], a súa familia vese obrigada a exiliarse a [[Francia]]. Entre o inverno de 1939 e o inicio da ocupación alemá, residirán en [[París]]. o seu pai é arrestado e internado nun [[Holocausto|campo de traballo]] para republicanos españois. A súa nai regresa entón cos catro fillos a [[Donosti]] para traballar. Máis tarde, estes recordos de infancia no caserío familiar son recollidos no seu disco ''Oroitzen'' —Recordando—, cantado en [[euskera]]). En 1948, a familia atravesa clandestinamente a fronteira e se reúne co pai en [[Perpiñán]]. Paco aprende del o oficio de [[ebanista]], ó tempo que comeza a estudiar [[violín]]. Pronto sustitúe o violín pola [[guitarra]]. Instalados definitivamente en París, a principios dos anos 50, descobre primeiro a música de [[Georges Brassens]] e de [[Atahualpa Yupanqui]], referencias fundamentais para a súa formación artística e ideolóxica, e inmediatamente despois a [[Léo Ferré]] e ó movemento [[existencialismo|existencialista]] francés, que se encontraba en pleno auxe.
 
En 1956 a foto dunha muller andaluza vestida de negro inspíralle a súa primeira canción sobre o poema "La más bella niña", de [[Luis de Góngora]]. Cos poemas de Góngora, ós que engade outros de [[Federico García Lorca]] realiza a súa primeira gravación en 1964. Un disco que, desde o mesmo momento da súa aparición, convértese nun clásico utilizado polos profesores de lingua e literatura castelá como material pedagóxico, e polos defensores das liberdades como un símbolo de resistencia cultural.