Lois Pereiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 18:
Naceu en [[Monforte de Lemos]], de familia procedente do [[O Incio|Incio]]. Estudou no [[Colexio da Nosa Señora da Antiga|colexio dos Escolapios]], e comezou a escribir con 15 anos. Tras rematar o [[COU]] marchou a [[Madrid]], onde comezou Ciencias Políticas e Socioloxía. Logo dunha estancia en Monforte traballando na empresa familiar, adicada ao [[vidro]], regresou a Madrid para estudar lingua inglesa, francesa e alemá. Alí fundou a revista ''[[Loia]]'' xunto a [[Antón Patiño Pérez|Antón Patiño]], [[Manuel Rivas]] e o seu irmán [[Xosé Manuel Pereiro]]<ref>[http://www.consellodacultura.org/mediateca/extras/facsimile_loia.pdf Facsímile da revista Loia].</ref>.
 
Cara a [[1981]] marcha a vivir á [[A Coruña|Coruña]], onde se une á revista ''La Naval''. Neste período entrou en contacto cun grupo de poetas entre os que figuraban [[Xavier Seoane]], [[Francisco Salinas Portugal]] ou [[Xulio Valcárcel]], participando en varias antoloxías coma ''De amor e desamor'' ([[1984]]) e ''De amor e desamor II'' ([[1985]]), e colaborando en revistas como ''La Naval'', ''Trilateral'', ''Anima+l'' e ''[[Luzes de Galiza]]''. Esta última publicaría en [[1997]] os oito capítulos da novela cortacurta ''Náufragos do Paradiso''.
 
En [[1983]] e [[1987]] viaxou canda [[Fernando Saco]] por [[Europa]]. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de [[dobraxe]] de cinema e, sobre todo, de televisión tanto convencional (episodios de ''[[Dallas (serie de televisión)|Dallas]]'' e ''[[Kung Fu (serie de televisión)|Kung Fu]]'') como [[Cinema pornográfico|porno]].<ref>{{Cita web | url=http://www.laopinioncoruna.es/cultura/2011/03/20/vida-conspiracion/478369.html | título=Una vida de conspiración |editorial=La Opinión Coruña| autor=Mato, M. | |lingua=castelán|data=20/3/2011 | dataacceso=29 de abril de 2011}}</ref><ref>{{Cita web | url=http://www.galiciae.com/nova/75333.html | editorial=Galiciaé | título=Unha discográfica de Sarria publica a vida de Lois Pereiro en fotos e sons |data=3/2/2011 |autor=Jaureguizar | dataacceso=20 de abril de 2011}}</ref>