Diferenzas entre revisións de «Grou»

m
arranxo ligazóns a homónimos
m (r2.7.2+) (Bot: Engado: kbd:Къру)
m (arranxo ligazóns a homónimos)
As rexións de cría da especie están situadas no nordeste de [[Europa]] e o norte de [[Asia]]. Os ríos [[Weser]] e [[Aller]] marcan ó seu límite oeste, o paralelo 51 o límite sur. A perda de biótopos axeitados dende comezos do século XX empurrou entre 300 e 400 km. cara ó norte a zona de reprodución dos grous. A perda de territorios de cría é causada pola drenaxe e posta en cultivo de zonas húmidas, que xunto cos roubos de ovos, a caza e as condicións climáticas fixeron desaparece-la especie de moitas zonas. Algunhas delas están volvendo, porén, a ser ocupadas grazas ás medidas de protección.
 
En [[Europa]] os grous crían en [[Dinamarca]], [[Noruega]], [[Suecia]] , [[Finlandia]], [[Polonia]], [[República Checa]], noreste de [[Alemaña]], os [[Países Bálticos]], [[Bielorrusia]] e norte de [[Ucraína]]. O sur deste pais, [[Xeorxia - საქართველო|Xeorxia]], [[Armenia]] e a ribeira norte do [[mar de Aral]] foron durante séculos o límite sur dos territorios de cría do grou. O leste de e o extremo oriente teñen poboacións pouco mestas. En [[Turquía]] e o [[Tíbet]] hai poboacións estables, pero no nordeste de China están a reducirse. Crían esporadicamente en [[Inglaterra]], [[Francia]], [[Italia]] e nos [[Países Baixos]]. No pasado facíano tamén en [[Romanía]], [[Iugoslavia]], [[Albania]], [[Bulgaria]] e [[Grecia]].
 
Os seus hábitats preferidos son zonas húmidas das terras baixas coma pantanos, zonas de vexetación anegadas e beiras de lagos. Buscan alimento en zonas de agricultura extensiva, nas beiras dos campos e nas ribeiras. Para descansar utilizan zonas chas e abertas, incluíndo campos de cultivo e prefiren durmir en zonas acuáticas de augas pouco fondas, que lles ofrecen protección fronte ós inimigos.
19.692

edicións