Diferenzas entre revisións de «Magnitude física»

m
(arranxiños)
 
=== Magnitudes extensivas e intensivas ===
Unha magnitude extensiva é a que depende da cantidade de substancia que ten o corpo ou sistema. As magnitudes extensivas son aditivas. Se consideramos un sistema físico formado por dúas partes ou subsistemas, o valor total dunha magnitude extensiva resulta ser a suma dos seus valores en cada unha das dúas partes. Exemplos: a [[masa]] e o [[volume (física)|volume]] dun corpo ou sistema, a [[enerxía]] dun sistema termodinámico, etc.
 
Unha magnitude intensiva é aquela cun valor que non depende da cantidade de materia do sistema. As magnitudes intensivas teñen o mesmo valor para un sistema que para cada unha das súas partes consideradas como subsistemas. Exemplos: a [[densidade]], a [[temperatura]] e a [[presión]] dun sistema termodinámico en equilibrio.
107.243

edicións