Arte paleolítica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎A arte paleolítica da área franco-española: Provincia de Guadalaxara - Guadalajara
m →‎Técnicas de elaboración: Provincia de Valencia
Liña 65:
 
* '''A pintura''': Usábanse unha ou dúas cores que se obtiñan con [[pigmento]]s minerais ([[manganeso]] para o negro, [[ocre]] para o vermello ou o amarelo...) ou orgánicos ([[carbón]], para o negro), cun aglutinante orgánico ([[resina]] ou [[graxa]]); podíanse simular realces máis claros raspando a roca. As cores untábanse directamente '''cos dedos''', tamén se podía '''cuspir a pintura''' sobre a [[rocha]] (como un ''aerosol bucal''); en ocasións, usáronse '''lapis''' (pólas queimadas coas que se manchaba a parede e bólas de colorante mineral aglutinadas con resina) ou '''pinceis rudimentarios''' (vasoiriñas e estropallos de fibras vexetais ou animais). Ás veces aproveitábanse vultos e fendas da parede para dar a sensación de volume.
* '''O gravado''': É un debuxo a base de finas incisións ou cortes, sobre o óso ou a rocha, feitas con utensilios afiados de sílex chamados [[buril|burís]]. O gravado aparece desde os primeiros tempos da arte, como un equivalente do [[debuxo]], pero desenvólvese sobre todo durante o final do [[Auriñacense]] e durante o [[Gravetiense]] (deste período salientan as plaquetas gravadas n' '''O Parpalló''', [[Provincia de Valencia|Valencia]]), para case desaparecer durante o [[Solutrense]]. O gravado volve gañar importancia no [[Magdaleniano]] coa maior variedade de estilos, temas, combinacións e soportes que xamais se viran.
* '''O relevo''': É un gravado cuxas incisións son tan profundas que a figura se converte nunha escultura que sobresae da rocha ou do óso do soporte (coma os [[bisonte]]s esculpidos no ''Fourneau du Diable''; ou o famoso peixe de ''Gorge de l'Enfer'', ambas en [[Dordoña]], [[Francia]]). O relevo só aparece ao final do Paleolítico Europeo, é dicir, no [[Magdaleniano], e, case sempre, asociado a santuarios exteriores: aquelas covas pouco profundas iluminadas por luz natural.
* '''As estatuíñas''': son pequenas esculturas exentas de pedra ou de óso, talladas por todos os lados. Case sempre son figuras femininas chamadas [[Venus paleolíticas]] (''[[Venus de Brassempouy]]'', en [[Francia]]). As estatuíñas son o tipo de arte paleolítica máis estendido de [[Europa]], con importantes escolas, non só na área francesa, senón tamén en Europa Central e do Leste (como se verá máis adiante). As estatuíñas femininas e de animais son moi antigas, pero en Francia e en España, ao parecer, a estatuaria animal é propia da última fase do [[Paleolítico Superior]]. A miúdo, as estatuíñas aparecen adornando instrumentos de uso práctico, como bastóns perforados e propulsores.