Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 26:
[[Ficheiro:Palacio_de_Monterrey_Salamanca.JPG|thumb|right|350px|Palacio de Monterrei, en [[Salamanca]], mandado edificar poe Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca, III conde de Monterrei.]]
 
En [[1539]] mandou erixir o monumental palacio de Monterrei en [[Salamanca]], que foi deseñado polo arquitecto [[Rodrigo Gil de Hontañón]]. O palacio é de planta cadrada con torres nos ángulos e patio central. A obra comezouse a construír o [[18 de xaneiro]] de [[1539]] e foi executada polos mestres Pedro de Ibarra e Pedro Miguel de Aguirre. En vida de Alonso só se construiu unha cuarta parte do proxecto. Por concesión real de [[17 de febreiro]] de [[1540]] obtivo poder para vender ou establecer censo sobre os bens do seu morgado.<ref>AER Arquivo SNAHN, Sinatura OSUNA, C.476,D.26.</ref> O seu segundo neto Manuel Alonso de Zúñiga Acevedo e Fonseca tratou en [[1640]] de realizar o plano orixinal, pero non tivo éxito.
 
O edificio, obra cumio do [[Renacemento|renacemento español]] consta de tres andarfes. A galería do último corpo ten arcos renacentistas. Os balcóns e ventáns están adornados con decoración plateresca. Frei Martín de Santiago deseñou os ornamentos do conxunto con leóns e animais fantásticos, que sosteñen os escudos coas armas dos Zúñiga, Fonseca, Acevedo, Soutomaior e Ulloa. O palacio foi declarado o 6 de maio de 1929 [[BIC|Monumento Histórico Nacional]].
Liña 36:
O conde Alonso tivo grandes diferenzas con [[Fernando Ruiz de Castro e Portugal]], IV [[conde de Lemos]], I [[marqués de Sarria]], casado coa sobriña de Alonso, [[Teresa de Andrade Zúñiga e Ulloa]], sobre a pertenenza da abadía do Convento da Trindade de Ourense. Gañou a ''guerra'' que houbo entre ambas as casas, e o seu fillo Alonso foi o seu abade.<ref>Vilar y Pascual, p. 410.</ref> <ref>López de Haro, p. 577.</ref>
 
O conde Alonso herdou o Adiantado de Cazorla do seu tío [[Alonso de Fonseca e Ulloa]],<ref>Lanza Álvarez, pp. 43-44.</ref> e, á morte da súa nai en [[1526]] foi o III conde de Monterrei, señor de Biedma, de Ulloa, da casa da Ribeira, pertiguiero maior de Santiago e, en sucesión ao seu pai, falecido en [[1496]], dos moroados dos Acevedo e Fonseca. Por escritura do [[22 de novembro]] de [[1556]] fundou morgado.<ref>AER Arquivo SNAHN, Sinatura OSUNA,C.472,D.25.</ref>
 
== Morte ==