Monte Xiabre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños menore
Liña 14:
Nos últimos anos sufriu moitos [[incendio forestal|incendios forestais]] que devastaron decenas de hectáreas. Un dos incendios máis importantes tivo lugar o [[23 de agosto]] de [[2005]] que arrasou moitas zonas da montaña.
 
Este monte sufriu tamén, como outras zonas de Galicia, a [[vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia 2006]], cando en Xiabre arderon centos de hectáreas que provocaron unha fumareda de máis de 5 quilómetros de radio.
 
No pico da Gaiba atópase un [[castro (poboado)|poboado castrexo]] aparentemente ben conservado. En diversos chans, como a denominada Rosa de Parroibas, localizáronse diversos túmulos funerarios de probable cronoloxía [[Neolítico|neolítica]]. Un destes túmulos, o máis grande, está nun espolón chamado Fonte Loureiro. Os veciños de [[Castrogudín]] contan diversas lendas que unen o castro da Xaiba co pobo a través dunha gabia (de onde viría o nome). Tamén sinalan a existencia dun túnel ou gabia dende Fonte Loureiro.