Estreleira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Historia e características==
Esta modalidade da bandeira de franxa azul é utilizada polo [[nacionalismo galego]] de esquerdas, e por iso ás veces asóciase tamén a estrela vermella do medio coa esquerda política, [[Galeguismo (política)|galeguista]] ou non. Está hoxe moi estendida na [[Galiza]] por mor do espallamento do nacionalismo nos últimos anos. A estrela vermella foi creada por militantes do [[comunismo|comunistasPartido Comunista]] daespañol xa nos anos 40
e o seu emprego de xeito xeneralizado nos movementos de esquerda nacionalista galega débese á [[UPG]] (Unión do Povo Galego) poloscando difundiron o seu uso nos anos 60 lembrando a [[estrela vermella]] da bandeira dos varios países [[socialismo|socialistas]] do leste<ref>[http://groups.msn.com/laligacomunista/simbologasocialista.msnw ''La estrella roja'']: "É un símbolo do socialismo e o comunismo que representa os cinco dedos da man do traballador, así como cinco continentes. Unha versión menos frecuente suxire que as cinco puntas da estrella representan aos cinco grupos sociais que posibilitarían o tránsito ao socialismo, a saber: a xuventude, os militares, os traballadores industriais, os campesiños agricultores e os intelectuais".</ref>, aínda que nun artigo de Nova Galiza do 36, Castelao fai mención a unha bandeira galega cunha estrela vermella que lle engadían os galeguistas.
 
Hoxe úsase coma reclamo na defensa do nacionalismo galego<ref>[http://www.elpais.com/solotexto/articulo.html?xref=20080726elpgal_8&type=Tes&anchor=elpepiautgal ''Souvenir nacionalista''.]</ref> <ref>[http://www.xabierpita.es/2008/06/chumbo_para_resucitar_aos_fusi.php ''Chumbo para resucitar aos fusilados''.]</ref>. Todos os partidos políticos nacionalistas de esquerda de Galiza ([[Nos-UP]], [[FPG]], [[BNG]]...) úsana coma símbolo<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/21/3749240.shtml ''Galiza Nova dice que el Concello les obligó a trasladar su homenaje a la «Estreleira»''.]</ref>. Ademais o [[BNG]] ficou con ela no seu [[logotipo]]. A xente utilízaa nas manifestacións populares coma reivindicación, e tamén en celebracións<ref>[http://www.vieiros.com/nova/57654/a-seleccion-leva-dez-medallas-no-trofeo-internacional-de-caceres ''Os deportistas galegos subiron a bandeira estreleira ao podio para celebrar a súa vitoria.'']</ref>.