Luc Besson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Xián (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 9:
En [[1991]] traballou con [[Anne Parillaud]] en ''[[Nikita]]'', unha longametraxe sobre unha [[Crime|criminal]] que recibe formación por parte dos servizos secretos para devir unha [[Asasinato|asasina]]; o seu éxito nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] foi tal que o director [[John Badham]] rodou en [[1993]] unha segunda versión co título ''[[Point of No Return]]''. O seu documental mariño ''[[Atlantis]]'', de [[1991]], causou unha grande impresión pola calidade da súa fotografía{{Cómpre referencia}}.
 
Besson traballou en numerosas producións co actor francés [[Jean Reno]], quen interpretou entre outros o papel principal en ''[[Léon]]'' ([[1994]]), filme que supuxo o descubrimento de [[Natalie Portman]]. AsemadeIgualmente, Besson destaca pola colaboración que fai nas bandas sonoras xunto a [[Eric Serra]], quen compón a música para as súas obras. A custosa produción de [[ciencia ficción]] ''[[The Fifth Element]]'', de [[1997]], con [[Bruce Willis]] e [[Milla Jovovich]] nos papeis principais, foi un grande éxito de público. En [[1999]] rodou ''[[Jeanne d'Arc]]'', unha película de corte histórico que recrea a vida da [[Doncela de Orleans]].
 
Co filme ''[[Arthur et les Minimoys]]'', de [[2006]], Besson rodou a historia de catro volumes que el mesmo escribiu. Na versión inglesa contou coas voces de [[Madonna]], [[Snoop Dogg]] e [[David Bowie]], entre outros. En [[2007]] escribiu o guión de ''[[Taxi 4]]'' e participou coma produtor no filme ''[[Flora Plum]]'' ([[2010]]), dirixido por [[Jodie Foster]].
 
No ano [[2000]] fundou a empresa ''Europacorp'' para producir e distribuir filmes a nivel internacional. Asemade, está interesado en crear unha fundación para axudar aos rapaces dos suburbios franceses.
 
==Filmografía==