Diferenzas entre revisións de «Purim»

m
corrixo
(arranxiños)
m (corrixo)
Os '''Purim''' é unha festa [[xudaísmo|xudía]] que se celebra o 14 de [[adar]]. É unha celebración similar ao [[Entroido]], que se celebra con disfraces, bromas, comida e doces.
 
A festa commemora que durante o desterro en Mesopotamia, no tempo de [[CiroXerxes I]], o pobo xudeu librouse dunha orde de exterminio que preparaban algúns ministros do rei, tal como relata o [[Libro de Esther]].
 
Tamén é posible que o dito libro nacera como un relato que viña darlle unha xustificación relixiosa a unha festa de pura diversión.
===Desde a perspectiva bíblica===
{{AP|Libro de Esther}}
O Libro de Esther relata como Amán, ministro do rei CiroXerxes I, que no libro se lle chama [[Axuero]], prepara un decreto que suporá o exterminio dos xudeus que vivan no imperio persa. Cando Mardoqueo, un xudeu que ocupa un importante posto na corte de Axuero, sabe destas intencións busca desesperadamente unha solución para salvar ao seu pobo.
 
Ao mesmo tempo, o rei Axuero busca novas concubinas para o seu harén e pon os seus ollos en Esther, sobriña de Mardoqueo, que ao quedar orfa foi criada por el. Mardoqueo aproveita a situación da súa sobriña para facer chegar ata o gran rei as súas peticións, logrando así a anulación do decreto e a caída en desgracia de Amán.
19.713

edicións