Hormona do crecemento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
m →‎Funcións normais da GH: fósforo (elemento)
Liña 56:
 
Ademais de aumentar a altura en nenos e adolescentes, a hormona do crecemento ten moitos outros efectos no corpo:
A GH facilita o aumento de tamaño das células e estimula a [[mitose]], co que se desenvolve un número crecente de células e ten lugar a diferenciación de determinados tipos de células, como as células de crecemento óseo e os miocitos precoces. A hormona de crecemento intensifica o transporte de aminoácidos a través das membranas celulares ata o interior da célula estimulando a síntesis de [[ARN mensaxeiro]] e [[ARN ribosómico]] , tamén induce a liberación de ácidos graxos do [[tecido adiposo]] e, por tanto, aumenta a súa concentración nos líquidos corporais. Ademais, intensifica en todos os tecidos do organismo a conversión de ácidos graxos en [[acetil-CoA]] e a súa utilización posterior como fonte de enerxía. O efecto da hormona de crecemento de estimulación da utilización das graxas xunto cos seus efectos anabólicos proteicos produce un incremento da masa magra. A súa acción sobre o crecemento depende da presenza de [[tiroxina]], [[insulina]] e [[carbohidrato]]s. As [[somatomedina]]s, [[proteína]]s producidas principalmente no [[fígado]], exercen unha función moi importante no crecemento esquelético inducido pola GH, pero a hormona non pode producir a [[elongación]] dos [[óso]]s longos unha vez se pecharon as [[epífise]]s, polo que a estatura non aumenta tras a [[puberdade]]. A GH inflúe sobre a actividade de diferentes [[encima]]s, aumenta o almacenamento de [[fósforo (elemento)|fósforo]] e [[potasio]] e promove unha moderada retención de [[sodio]].
No momento actual sabemos que a produción de GH non está restrinxida á hipófise, senón que existe expresión de GH en multitude de tecidos, nos cales a hormona xoga un papel [[autócrino]]/[[parácrino]]. De grande interese é a produción cerebral de GH, rexión na que a hormona exerce un importante papel neurotrófico/neuroprotector.
Ademais das súas accións a nivel metabólico, a hormona é moi importante como factor de supervivencia celular, a través da indución da activación do encima antiapoptótico Akt.