Diferenzas entre revisións de «Purim»

m
sen resumo de edición
m
[[Archivo:2 Mishloach Manot.jpg|thumb|250px|Agasallos dos Purim.]]
Os '''Purim''' é unha festa xudía que se celebra o 14 de [[Adar]]. É unha celebración similar ao [[Entroido]], que se celebra con disfraces, bromas, comida e doces.
 
A festa commemora que durante o desterro en Mesopotamia, no tempo de [[Ciro I]], o pobo xudeu librouse dunha orde de exterminio que preparaban algúns ministros do rei, tal como relata o [[Libro de Esther]].
 
Tamén é posible que o dito libro nacera como un relato que viña darlle unha xustificación relixiosa a unha festa de pura diversión.
 
==Orixe da festa==
 
Podemos enfocar a orixe desta festa desde dúas perspectivas, a bíblica e a antropolóxica.
 
===Desde a perspectiva bíblica===
Artigo principal:{{AP|Libro de Esther}}
O Libro de Esther relata como Amán, ministro do rei Ciro, que no libro se lle chama [[Axuero]], prepara un decreto que suporá o exterminio dos xudeus que vivan no imperio persa.
 
Cando Mardoqueo, un xudeu que ocupa un importante posto na corte de Axuero, se entera destas intencións busca desesperadamente unha solución para salvar ao seu pobo.
 
Ao mesmo tempo, o rei Axuero busca novas concubinas para o seu harén e pon os seus ollos en Esther, sobriña de Mardoqueo, que ao quedar orfa foi criada por el.
 
Mardoqueo aproveita a situación da súa sobriña para facer chegar ata o gran rei as súas peticións, logrando así a anulaciñon do decreto e a caída en disgracia de Amán.
 
A festa coa que a comunidade xudía de Mesopotamia celebrou a súa salvación sería a orixa dos Purim.
 
===Desde a perspectiva antropolóxica===
Con todo, hai moitas razóns para pór en cuestión a historicidade do relato: a tradición tolerante da cultura persa que respectaba as crenzas e cultura propia dos pobos que ía conquistando, o feito de que uns extranxeiros chegaran a ter poder suficiente nunha corte persa como para torcer as ordes dun primeiro ministro.
 
Visto en perspectiva antropolóxica, a festa dos Purim é similar a outras moitas que se atopan en distintas culturas do mundo: o entroido europeo, as saturnais romanas...
 
Desde esta perspectiva estariamos ante unha máis das festas que actúan como válvula de escape para as tensións sociais. Posteriormente, para darlle certa lexitimidade social e relixiosa, naceu a narración oral de Esther, que algún autor puxo posteriormente por escrito.
 
19.713

edicións