N-634: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
arranxiños
Liña 7:
}}
 
[[Ficheiro:Puente de San Vicente.jpg|thumb|Ponte da Maza, en [[San Vicente de la Barquera]], ([[Cantabria]]).]]
 
A estrada '''N-634''' é unha vía terrestre que discorre entre o barrio de Errekalde en [[Donostia]] e [[Santiago de Compostela]] ó longo de toda a costa cantábrica. É de dobre sentido e mide 900 quilómetros.
 
==Percorrido==
[[Ficheiro:Maxcenter.jpg|thumb|right|Tramos paralelos da [[A-8]] e da N-634 en Kareaga, [[Barakaldo]]]]
 
Liña 17 ⟶ 20:
En Asturias son menos os tramos da N-634 que actualmente contan con trazado paralelo por autovía. Así, o tramo entre [[Unquera]], entre Asturias e Cantabria, e [[Llanes]], encóntrase actualmente en proxecto. O tramo [[Llanes]] - [[Ribadesella]] encóntrase en servizo a través da citada [[A-8]].
 
Tras pasar Ribadesella abandona a paisaxe costeira que seguira desde o seu nacemento, internándose no interior de Asturias a través do val que forma o [[río Sella]] en dirección a [[Arriondas]]. Atravesa tamén [[Infiesto]] e [[Nava]] para chegar a [[Lieres]], onde unha nova autovía, a [[A-64]], ocupa o seu trazado inicial e conduce cara a [[Oviedo]]. Desde a capital ata [[La Espina]] a estrada discorre paralela á autovía [[A-63]]. De momento esta autovía está en servizo unicamente ata [[Grado]], sendo a partir desta poboación a N-634 o único eixo de comunicación cara oao sudoestesuroeste asturiano. Ata Grado as dificultades montañosas da N-634 non son excesivas, se ben a partir daíde aí se inicia o ascenso ó [[Alto de Cabruñana]], que serve de fronteira natural e administrativa entre os concellos de [[Grado]] e [[Salas]]. O descenso termina en [[Cornellana]], poboación na que se cruza o [[río Narcea]], poñendo rumbo á segunda e máis pronunciada dificultade montañosa, o [[Porto da Espina]] (650 metros), con 12 quilómetros de ascenso nun desnivel de 500 metros. No descenso, de 33 quilómetros, sálvanse 600 metros de desnivel, pasando polos concellos de [[Salas]] e [[Valdés]], aproveitando nos seus últimos tramos o val do [[río Esva]], chegando ata [[Canero]] e volvendo de novo á costa cantábrica.
 
En [[Canero]] regresa ó lado da A-8, malia que aínda está en construción nestes tramos. Unicamente se encontra en servizo o tramo [[Variante de Navia]] que serve de circunvalación para a vila do mesmo nome.
Liña 23 ⟶ 26:
Tras [[Navia]] a N-634 atravesa [[El Franco]] e [[Tapia de Casariego]], para salvar a [[ría de Ribadeo]] pola [[Ponte dos Santos]] e entrar en Galiza por [[Ribadeo]].
 
Poucos quilómetros despois encóntrase a segunda dificultade montañosa máis pronunciada, o [[Alto de Mondoñedo]] ou Porto da Xesta, de 590 metros. Tralo descenso chégase a [[Baamonde, Begonte|Baamonde]], poboación onde novamente a N-634 se topa cunha autovía. Neste caso é a [[A-6]] [[Madrid]] - [[A Coruña]], coa que coincide ata as inmediacións de [[Guitiriz]], onde comeza a súa recta final, encamiñándose cara a Santiago de Compostela.
 
[[Categoría:Estradas nacionais de España]]