Guerras napoleónicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Corrección de redireccións (Estados Unidos de América - United States of America)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 1:
As '''Guerras Napoleónicas''' foron unha serie de [[Guerra|conflitos militares]] que tiveron lugar durante o tempo no que [[Napoleón Bonaparte]] gobernou en [[Francia]]. Foron en parte unha extensión dos conflitos que estalaron por mor da [[Revolución Francesa]], e continuaron durante todo o [[Primeiro Imperio Francés]]. Non existe consenso sobre o intre exacto no que comezaron estas guerras. Hai quen considera que comezaron cando Napoleón chegou ao poder en Francia, en novembro de [[1799]]. Outras versións sitúan o período bélico entre [[1799]] e [[1802]] no contexto das [[Guerras Revolucionarias Francesas]], e consideran a declaración de guerra entre o [[Reino Unido]] e Francia en [[1803]], que seguiu ao curto período de paz do [[Amiens|Tratado de Amiens]] en [[1802]] como o punto inicial das Guerras Napoleónicas. As Guerras Napoleónicas remataron o [[20 de novembro]] de [[1815]], trala derrota final de Napoleón na [[Batalla de Waterloo]] e o [[Tratado de París (1815)|Segundo Tratado de París]] de [[1815]]. En conxunto, o case continuado período de guerras comprendido entre o [[20 de abril]] de [[1792]] e ata o [[20 de novembro]] de [[1815]] é chamado con frecuencia ''A Gran Guerra Francesa'' (anterior á [[Primeira Guerra Mundial]], chamada simplemente ''A Gran Guerra'').
 
[[Ficheiro:Sadler, Battle of Waterloo.jpg|thumb|right|450px|[[Batalla de Waterloo]], derradeira batalla de [[Napoleón]] e definitiva derrota de [[Francia]].]]
Liña 5:
== A Primeira e Segunda Coalicións ==
{{AP|Guerras Revolucionarias Francesas}}
A [[Primeira Coalición]] ([[1792]]-[[1797]]) de [[Austria]], [[Prusia]], o [[Reino Unido]], [[España]] e o [[Piemonte]] ([[Italia]]) contra Francia foi o primeiro intento para derrotar ao [[republicanismo]]. A coalición foi derrotada polos franceses debido a unha mobilización xeral, [[leva]]s en masa, reformas no [[exército]] e unha guerra absoluta. En [[1795]], Francia anexionouse os Países Baixos austríacos e a [[Renania]]. Segue a conquista das [[Provincias Unidas]] (ás que declarara a guerra en [[1793]]) e a súa transformación na [[República Bátava]] ([[Tratado da Haia (1795)|Tratado da Haia]], [[19 de xaneiro]] de [[1795]]). Prusia asinou a Paz de Basilea e deixou a coalición. España, tras unhas vitorias iniciais na invasión do [[Rosellón]] en [[1793]] ([[Guerra do Rosellón]]), viu como as tropas francesas invadían [[Cataluña]], [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]] e [[Navarra]]. Ante esta ameaza, tamén asinou separadamente en [[1795]] a [[Paz de Basilea]]. As campañas italianas de Napoleón en [[1796]] e [[1797]], tamén fixeron abandonar ao Piemonte a Coalición. Piemonte foi un dos membros orixinais da Coalición e significara un perigo persistente para Francia na fronte italiana durante catro anos na época na que Napoleón asumiu o mando do exército francés en [[Italia]]. A Bonaparte levoulle un mes vencer a Piemonte e facer retroceder aos seus aliados austríacos. As forzas dos [[Estados Papais]] rendéronse aos franceses en [[Forte Urbano]], forzando ao Papa [[Pío VI, papa|Pío VI]] a asinar un tratado de paz provisional, e as sucesivas contraofensivas austríacas en Italia foron infrutuosas, e conduciron á entrada de Bonaparte no [[Friuli-Venecia Julia|Friúl]]. A guerra rematou ao forzar Bonaparte aos austríacos a aceptar as súas propias condicións no [[Tratado de Campo Formio]]. O [[Reino Unido]] quedou entón como a única potencia aínda en guerra con Francia.
 
A [[Segunda Coalición]] ([[1798]]-[[1801]]) de [[Rusia]], o Reino Unido, [[Austria]], o [[Imperio Otomán]], [[Portugal]], [[Nápoles]] e os [[Estados Papais]] contra Francia foi ao principio máis efectiva cá primeira. O goberno corrupto e dividido de Francia, baixo o [[Directorio (Francia)|Directorio Executivo]], atopábase en plena axitación, e a República estaba en bancarrota (certamente, cando en [[1799]] Bonaparte tomou o poder, atopou só 60.000 [[francos]] no Tesouro Nacional). A participación [[Rusia|rusa]] supuxo un cambio decisivo sobre a guerra da [[Primeira Coalición]]. As forzas rusas en Italia estaban mandadas polo notoriamente desapiadado e nunca derrotado [[Aleksandr Suvórov]]. A República Francesa non dispuña de líderes como [[Lazare Carnot]], o ministro de guerra que levara a Francia ás sucesivas vitorias que seguiron ás masivas reformas da primeira guerra. Ademais, Napoleón Bonaparte estaba ocupado nunha campaña no [[Exipto]], co obxectivo de ameazar á [[Imperio británico|India Británica]]. Sen dous dos seus máis importantes comandantes do conflito anterior, a República sufriu sucesivas derrotas contra uns inimigos revitalizados, financiados pola coroa británica.
Liña 18:
 
==== A Guerra das Canoneiras ====
[[Dinamarca]] e [[Noruega]], que orixinalmente declaráranse neutrais nas Guerras Napoleónicas, sacaron proveito da guerra a través do comercio e estableceron unha armada. Tras unha mostra de intimidación na [[Primeira Batalla de Copenhague]] ([[1801]]), os ingleses prenderon grandes números de naves da flota dinamarquesa, na [[Segunda Batalla de Copenhague]] ([[1807]]). Isto rematou coa neutralidade dinamarquesa, encerellándose os dinamarqueses nunha guerra naval de guerrillas, onde con pequenos barcos canoneiros pretendían atacar aos barcos ingleses -moito maiores- que estivesen en augas dinamarquesas e norueguesas. A Guerra das Canoneiras rematou cando a frota inglesa obtivo a vitoria na [[Batalla de Lyngør]] en [[1812]], na cal foi destruído o derradeiro dos buques de guerra dinamarqueses, unha [[Fragata (buque)|fragata]].
 
==== A Paz de Amiens ====
Liña 34:
A serie de conflitos navais e coloniais, incluíndo a chamada ''Acción de 1805'', onde tres barcos franceses atacaron a un navío de liña e un cargueiro [[Inglaterra|inglés]], foron a tónica deses meses, e levaron a Napoleón á súa decisión de abortar os seus plans de invadir Inglaterra. Isto era tamén un claro sinal da nova natureza da guerra. Os conflitos no [[Illas Caribes|Caribe]] podían ter un efecto inmediato e directo sobre o conflito europeo, e batallas dadas a miles de quilómetros influían o resultado das outras. Isto era talvez un signo de que as Guerras Napoleónicas chegaran a un punto no que se converteron nunha guerra mundial. O único precedente dun conflito tan amplo e a tal escala foi a [[Guerra dos Sete Anos]].
 
En abril de [[1805]], o [[Reino Unido]] e [[Rusia]] asinaron un tratado para expulsar aos franceses de [[Países Baixos|Holanda]] e [[Suíza]]. [[Austria]] uniuse á alianza trala anexión de [[Xénova]] e a proclamación de Napoleón como Rei de Italia. Os austríacos comezaron a guerra invadindo [[Baviera]] cun exército duns 70.000 homes baixo o mando de [[Karl Mack von Lieberich]], e o exército francés saíu de Boulogne a fins de xullo de [[1805]] para enfrontarse a eles. Na [[Batalla de Ulm]] ([[25 de setembro]] ao [[20 de outubro]]), Napoleón tratou de vencer ao exército de Mack cunha brillante manobra envolvente, forzando a súa rendición sen substanciais perdas. Co exército principal de Austria ao norte dos [[Alpes]] vencido (outro exército baixo o mando do [[Erzherzog Karl von Österreich|Arquiduque Carlos de Austria]] acosara o exército de [[André Masséna]] en [[Italia]] con resultados pouco concluíntes), Napoleón ocupou [[Viena]]. Lonxe das súas liñas de subministración, enfrontouse cun exército austro-ruso superior ao seu e baixo o mando de [[Mijaíl Kutúzov]], cos emperadores [[Francisco II]], [[Sacro Imperio Romano|Sacro Emperador Romano]] e [[Alexandre I de Rusia]] presentes. No que é usualmente considerado a súa maior vitoria, o [[2 de decembro]] Napoleón esnaquizou ao exército combinado austro-ruso na [[Batalla de Austerlitz]], en [[Moravia]]. Infrinxiu un total de 25.000 baixas a un exército numericamente superior mentres tivo menos de 7.000 nas súas propias filas. Tras Austerlitz, Austria asinou o [[Tratado de Pressburg]], deixando a coalición. Isto custoulle a Austria ceder [[Venecia]] ao Reino de Italia (Napoleónico) e o [[Rexión de Tirol|Tirol]] a Baviera.
 
Coa retirada de Austria da guerra sobreveu un estancamento. O exército napoleónico tiña unha marca de vitorias imbatibles en terra, pero a forza total do exército ruso aínda non entrara en xogo.
 
== A Cuarta Coalición ==
A [[Cuarta Coalición]] ([[1806]]-[[1807]]) de [[Prusia]], [[Saxonia]] e [[Rusia]] contra Francia formouse só uns meses despois do colapso da coalición precedente. En xullo de 1806, o Emperador de Francia creara a [[Confederación do Rin]], ignorando aos minúsculos estados alemáns do val do [[río Rin|Rin]] e do interior de [[Alemaña]]. Moitos dos estados máis pequenos anexionáronse a electorados, [[Duque|ducado]]s e reinos máis grandes para facer do goberno da Alemaña non prusiana un labor máis sinxelo. Os maiores estados foron [[Saxonia]] e [[Baviera]], cuxos gobernantes foron elevados ao rango de reis por Napoleón.
 
En agosto, o rei de Prusia [[Federico Guillerme III]] tomou a decisión de ir á guerra independentemente das outras grandes potencias. O curso dos acontecementos máis sensato fose declarar a guerra o ano anterior e unirse a Austria e Rusia. Isto podería conter a Napoleón e prevido o desastre aliado na [[Batalla de Austerlitz]]. Así as cousas, o exército ruso, un aliado de Prusia, atopábase bastante lonxe cando Guillerme fixo a súa declaración de guerra. En setembro, Napoleón lanzou a todas as forzas francesas sobre o Rin. Eran ao redor de 160.000 homes, cifra que aumentou a medida que a campaña desenvolvíase, contra Prusia, e movéronse con tal velocidade que virtualmente aniquilaron ao exército Prusiano duns 250.000 homes. Prusia tivo que soportar a morte de 25.000 deles, 150.000 foron feitos prisioneiros e os franceses apropiáronse dunhas 4.000 pezas de [[artillería]] e 100.000 [[mosquete]]s, que foron almacenados en [[Berlín]]. O exército prusiano foi definitivamente vencido por Napoleón na [[Batalla de Jena]], e polo mariscal [[Louis Nicolas Davout]] na [[Batalla de Auerstädt]] ([[14 de outubro]] de [[1806]]). Esta última batalla enfrontou a un simple corpo do exército francés que derrotou ao groso do exército Prusiano. En [[Jena]], Napoleón unicamente loitou contra un destacamento.
Liña 114:
* [[Francia]] non volveu ser unha potencia dominante en Europa, como o foi dende os tempos de [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]].
* Desatouse un novo e potencialmente poderoso movemento: o [[nacionalismo]]. O nacionalismo vai cambiar o curso da historia de Europa para sempre. Foi a forza que empuxou o nacemento dalgunhas nacións e o fin doutras. O mapa de Europa tivo que ser redebuxado nos seguintes cen anos tralas Guerras Napoleónicas sen basearse nas normas da [[aristocracia]], senón nas bases da [[cultura]], a orixe e a [[ideoloxía]] das xentes.
* Gran Bretaña converteuse na potencia hexemónica indiscutible en todo o globo, tanto en terra coma no mar. A ocupación dos Países Baixos por Francia ao comezo das guerras serviulle de pretexto, así mesmo, para tomar unha a unha as colonias holandesas en ultramar, quedándose con aquelas de maior valor estratéxico como [[Sri Lanka - Sri Lankā|Ceilán]], [[Malaca]], [[Suráfrica]] e [[Güiana]] ao final da contenda.
* A guerra na [[Península Ibérica]] deixou completamente esnaquizada a España, así como a súa armada e exército. Esta situación foi aproveitada polos grupos independentistas das súas colonias americanas para sublevarse contra a metrópole, influídos polos ideais das revolucións americana e francesa. Para [[1825]], toda a antiga América española, agás [[Cuba]] e [[Porto Rico]], converteuse en repúblicas independentes ou pasara a formar parte de Estados Unidos ([[Florida]], [[Luisiana]]), Gran Bretaña ([[Illa Trindade]]) ou [[Haití]] ([[República Dominicana|Santo Domingo]]).
;
Pero sobre todo, forxouse un novo concepto mundial de [[Europa]]. Bonaparte mencionou en moitas ocasións a súa intención de moldear un estado europeo único e, a pesares do seu tráxico fracaso, este [[Internacionalismo (política)|internacionalismo]] volvería xurdir ao transcorrer 150 anos, cando se redescubriu a identidade europea logo da [[Segunda Guerra Mundial]].
 
== Legado militar das guerras ==
As Guerras Napoleónicas, á súa vez, tiveron un fondo impacto no que atinxe ao militar. Ata os tempos de Bonaparte, os estados de Europa empregaran exércitos relativamente pequenos, cunha alta porcentaxe de [[mercenario]]s que, en ocasións, chegaban a atacar aos seus países de orixe a soldo de potencias estranxeiras. Porén, as innovacións militares de mediados do [[século XVIII]] lograron recoñecer o potencial dunha ''nación en guerra''.
 
Napoleón foi innovador na práctica da mobilidade para enfrontarse á desvantaxe numérica, como demostrou na súa triunfal vitoria sobre as forzas austro-rusas na [[Batalla de Austerlitz]], [[1805]]. O exército francés reorganizou o rol da [[artillería]] en combate, creando unidades de artillería móbiles e independentes, en oposición ao típico ataque da artillería como sustento doutras unidades. Bonaparte tamén estandarizou os [[calibre]]s dos [[Canón (arma)|canón]]s, co obxectivo de asegurares unha maior facilidade nas subministracións, e a compatibilidade entre as súas pezas de artillería. Tamén propiciou a [[ciencia]], a miúdo aplicada a unha mellor intendencia dos exércitos.
 
A finais do [[século XVIII]], coa cuarta maior poboación a escala mundial (27 millóns, en comparación cos 12 millóns do Reino Unido e os 35-40 millóns de Rusia), Francia víase nunha localización axeitada para tomar vantaxe das levas en masa. Como a [[Revolución Francesa|Revolución]] e o reinado de Napoleón aprenderan ben a lección das [[guerra comercial|guerras comerciais]] e dinásticas do século XVIII, asumiuse erroneamente que estas estratexias foron inventadas pola Revolución, que o que realmente fixo foi aplicalas.