Castro Barbudo, Ponte Caldelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|concello +|mapa = \n|concello)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m arranxo ligazóns a homónimos
Liña 19:
==Patrimonio==
 
Destaca o [[Calvario (relixión)|Calvario]] de tres [[cruceiro]]s feito polo mestre canteiro [[Manuel González Perdiz]] en [[1883]], un dos máis Calvarios galegos máis representativos xunto cos de Bueu e Beade. Atópase no adro da igrexa parroquial, xunto ao camposanto disposto arredor do templo. Está composto por unha plataforma baixa cercada por unha reixa de ferro. Nela, ademais dos cruceiros, hai unha mesa de pedra, similar á dos altares das igrexas, para a realización de ofrendas.
 
Os tres cruceiros teñen [[basamenta]], [[Columna (arquitectura)|columna]], [[capitel]] e [[crucifixo]], sendo o central o maior, dedicado á representación da crucifixión de [[Cristo]]. As basamentas son de traza complexa, de perfiles sinuosos e con molduracións. Os fustes das columnas teñen diversas formas: os laterais son cilíndricos, algo máis anchos na base, mentres que o central é tripartito cadrado e moldurado no terzo inferior, octogonal no medio, e circular na parte superior. Os capiteis dos laterais son dunha rara mestura de tendencias, destacando as grilandas suspendidas entre as volutas. O do centro é composto, co rostro dun [[Anxo (cristianismo)|anxo]] en medio do entaboamento curvo.
 
Na parte dianteira do cruceiro central aparece Cristo morto acompañado dun anxo que recolle o sangue nun [[Cáliz (liturxia)|cáliz]]. Na parte traseira está a Nosa Señora con coroa real sostendo o Neno no colo cun [[Rosario (cristianismo)|rosario]] na outra man. Na parte dianteira da columna está San Xosé de ancián, con barba longa, vestido con túnica e manto, co Neno no colo (que mostra a Bola coa cruz), e cun [[lirio]] na outra man. Na parte traseira da columna está San Xoán Bautista cun [[año]] nos brazos, e aguantando a bandeira triunfal. Na basamenta aparecen as inscricións:
 
:Se hizo siendo abad Dn Manuel Martínez.