Diferenzas entre revisións de «Inglés medio»

m
(francés > lingua francesa)
m (→‎A conquista normanda: lingua normanda)
[[Eduardo o Confesor]], morreu sen deixar descendencia, polo que o seu cuñado, [[Harold II de Inglaterra|Harold]] da casa de Godwin, herdou o trono de [[Inglaterra]]. O seu reinado, con todo durou menos de 10 meses, pois [[Guillerme o Conquistador]], sétimo duque de Normandía, rebelouse, sostendo que tiña maior dereito a herdar o trono, o que conseguiu trala [[Batalla de Hastings]] en [[1066]].
 
A cultura inglesa cambiou baixo a influencia normanda, como pode apreciarse na construción de igrexas e castelos. Máis importante foi a adopción do dialecto [[lingua normanda|normando]], que se converteu máis adiante en [[anglonormando]], converténdose esta variante do francés no idioma oficial da corte. Os seguidores de Guillerme ocuparon os altos cargos civís e eclesiásticos, e premióuselles con propiedades expropiadas á nobreza inglesa, o que fixo que se asociase o uso do francés coa nobreza e as clases altas. Os nobres normandos, ademais, eran terratenentes tanto en Inglaterra como en Normandía, polo que tiñan intereses comerciais en ámbolos dous lados da [[Canle da Mancha]], o que provocou co paso dos anos que a maioría deles fosen bilingües.
 
As convencións literarias víronse tamén modificadas, como pode verse, por exemplo na substitución da clásica [[aliteración]] anglosaxoa pola [[rima]] nas composicións poéticas. Durante un longo período de tempo Inglaterra foi un país trilingüe: o anglonormando era a lingua culta; o latín, a lingua eclesiástica, ademais de convivir co francés na administración; e o inglés, que seguía sendo a lingua maioritaria, era a [[lingua vulgar]]. Este trilingualismo, unido á previa corrente de préstamos escandinavos tivo un gran impacto no vocabulario do inglés medio, que pode apreciarse até os nosos días. Un exemplo típico destes préstamos é o vocabulario referente aos animais de granxa e a comida: ''pig''/''pork'', ''cow''/''beef'', ''sheep''/''mutton'' e outros pares como: ''house''/''mansion'', ''worthy''/''honourable'', ''bold''/''courageous''; ou a triplicación de nomes e adxectivos; por exemplo, o adxectivo 'real' que pode expresarse de tres maneiras diferentes, cada unha derivada dunha destas tres linguas: ''kingly'' (anglosaxón)/ ''royal'' (francés)/ ''regal'' (latín).
 
=== O rexurdimento do inglés ===
106.148

edicións