Guillerme I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: war:William nga mananakop
m Normandos
Liña 1:
[[Ficheiro:WilliamI-lrg.jpg|thumb|Guillerme I de Inglaterra]]
'''Guillerme I de Inglaterra''' ([[1027]] - [[9 de setembro]] de [[1087]]) foi o primeiro rei [[Normandos|normando]] de [[Inglaterra]], tras a morte de [[Harold II de Inglaterra]] na [[Batalla de Hastings]]. Tamén foi chamado '''Guillerme o Conquistador''' e '''Guillerme de Normandía''', e mesmo '''Guillerme o Bastardo''', por ser fillo ilexítimo do seu pai, [[Roberto o Magnífico]], [[duque]] de [[Normandía]].
 
== Biografía ==
'''Guillerme''' naceu no [[1027]] e accedeu ao [[ducado de Normandía]] á idade de sete anos. Aos 15 foi nomeado cabaleiro por [[Henrique I de Francia]], e aos 19 xa facía fronte a rebelións internas no ducado. Tras a morte do seu tío, [[Eduardo o Confesor]], rei de [[Inglaterra]], Guillerme reclamou o trono, que dicía lle deixara en herdo o seu tío, argumentando ademais que [[Harold II de Inglaterra|Harold Godwinson]], o maior terratenente de Inglaterra, o recoñecera como rei. Pero Harold converteuse en [[Harold II de Inglaterra]], e Guillerme reclamou os seus dereitos mediante a guerra, tras recibir a aprobación do [[papa]].
 
A batalla definitiva da [[Conquista Normanda de Inglaterra]] foi a de [[Batalla de Hastings|Hastings]], onde [[Harold II de Inglaterra|Harold II]] morreu, atravesado o seu ollo por unha frecha. Os restantes nobres [[saxóns]] non tardaron en rendirse ao poder [[Normandos|normando]], e Guillerme foi proclamado rei.
 
Durante o seu reinado, Guillerme fixo grandes cambios que permanecerían durante séculos. Baixo o seu mandato compilouse o primeiro [[cadastro]] da historia, chamado ''[[Domesday Book]]''. Guillerme tamén reformou a lei, mesturando as leis [[anglosaxoas]] coas [[normandas]]. Por último, impuxo o [[francés normando]] como lingua das clases altas durante tres séculos, ata que se mesturase a gramática e vocabulario básico [[Lingua inglesa|inglés]] cunha enorme cantidade de léxico de orixe latino do [[francés normando]] ata crear a base do [[inglés moderno]].