Determinación do sexo ZW: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
 
Non se sabe se a presenza do cromosoma W induce características de femia ou se é a duplicación do cromosoma Z a que induce características de macho. A diferenza do que ocorre nos mamíferos, non se descubriu ningunha ave con dous cromosomas W (ZWW) ou un só cromosoma Z (Z0). É posible que estas dúas condicións causen a morte do [[embrión]], ou que ambos os cromosomas interveñan na selección sexual. <ref>{{cite journal |author=Smith CA, Roeszler KN, Hudson QJ, Sinclair AH |title=Avian sex determination: what, when and where? |journal=Cytogenet. Genome Res. |volume=117 |issue=1-4 |pages=165–73 |year=2007 |pmid=17675857 |doi=10.1159/000103177}}</ref>
 
O [[dragón de Komodo]] pode reproducirse ás veces por [[partenoxénese]] e nese caso xeralmente só nacen crías macho. Os ovos haploides duplican os seus cromosomas orixinando embrións ZZ, que serán machos, e embrións WW, que son inviables e morren antes de naceren. <ref name="BBC">{{cite news |publisher=BBC News |url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6196225.stm |title=Virgin births for giant lizards |accessdate=2008-03-13 |work= | date=2006-12-20}}</ref>
 
As [[boa]]s teñen cromosomas Z e W. En 2010 anunciouse o descubrimento dunha femia de ''[[Boa constrictor]]'' que podía producir descendencia sen aparearse cun macho e, por medio de reprodución asexual, produciu unha descendencia de 22 femias, todas as cales tiñan a dotación cromosómica WW. Aínda que este resultado fora xa conseguido no laboratorio previamente, nunca antes se atopara en circunstancias naturais. Non está claro se todas as crías procedentes dunha femia sen aparear poderán elas despois aparearse con machos, ou se se reproducirán asexualmente, ou se poderá facer ambas as cousas como a súa nai. Porén, debido aos cromosomas WW que teñen, toda a descendencia que poderían producir sería do sexo feminino. <ref>{{cite news| url=http://www.cbc.ca/technology/story/2010/11/03/boa-constrictors-virgin-birth.html | work=CBC News | title=Boa constrictor produces fatherless babies | date=November 3, 2010}}</ref>