Risorgimento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: et:Itaalia ühinemine
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Historia de Italia}}
A '''unificación de Italia''' foi o proceso histórico que ao longo do [[século XIX]] pretendeu a unificación dos diferentes estados nos que se atopaba dividida a [[península Itálica]], na súa meirande parte vencellados a dinastías consideradas "non italianas" como os [[Habsburgo]] ou os [[Borbón]]. Ha de entenderse no contexto cultural do [[romanticismo]] e a aplicación da ideoloxía [[nacionalista]], que pretende a identificación de [[nación]] e [[estado]], neste caso nun sentido [[Forza centrípeta|centrípeto]] ([[irredentismo]]). Tamén é coñecido como '''il Risorgimento''' (''rexurdimento'' en [[lingua italiana|italiano]]), e ataaté como a '''reunificación italiana''' (considerando, impropiamente, que existiu unha unidade anterior, voltando tempo atrás ataaté a [[antiga Roma]]).
 
O proceso pode entenderse tamén como a conquista da aristocrática Italia do sur ([[Reino de Nápoles|Nápoles]], [[Sicilia]]), o estado máis industrializado da península e o terceiro de Europa;<ref>[http://www.ilportaledelsud.org/primati.htm O portal do sur]</ref> por parte de Italia do norte (val do [[Po]]), influenciada polas potencias europeas como [[Francia]] e [[Austria]]. Porén, tamén pode interpretarse no sentido de que o norte parasitou ao sur impedindo o seu desenvolvemento e propiciando a emigración e a perpetuación da súa situación social.<ref>[http://www.ilportaledelsud.org/primati.htm O portal do sur]</ref> O papel conspirativo da [[masoneríaMasonería|Masonaría]] ou dos intereses de distintas potencias europeas (concretamente [[Inglaterra]]) tamén se aduciu como causa.<ref>[http://www.ilportaledelsud.org/unit?ille_1.pdf presentación de Giuseppe Ressa, parte 1, pax 15]</ref>
 
En calquera caso, foi canalizado finalmente pola [[casa de Savoia]], reinante no [[Piemonte]] (de forma destacada polo primeiro ministro conde de [[Cavour]]), en prexuízo doutras intervencións de personaxes notablesnotábeis ([[Mazzini]], [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]]) ao longo de complicadas vicisitudes vencelladas ao equilibrio europeo (intervencións de [[Francia]] e [[Austria]]), que culminaron coa incorporación do derradeiro reduto dos [[Estados Pontificios]] no ano [[1870]]. Porén, continuou a reivindicación de territorios fronteirizos, especialmente co [[Imperio Austrohúngaro]] ([[Trieste]] e o [[Trentino]]), que se liquidaron parcialmente en [[1919]] trala [[Primeira Guerra Mundial]] ([[Tratado de Saint-Germain-en-Laye]] e expedición de [[Gabriele d'Annunzio]]).
 
== Antecedentes ==
Liña 17:
O [[Imperio Austríaco]] anexionouse [[Lombardía]] e o [[Véneto]] e ademais colocou a príncipes austríacos no trono de Parma, [[Módena]] e Toscana. [[Sardeña]] e Piemonte unificáronse no [[Reino de Piemonte-Sardeña]], o cal recibiu [[Savoia]] e [[Niza]]. Restauráronse os Estados Pontificios e aos [[Borbón]]s no trono de Nápoles, que pasou a chamarse [[Reino das dúas Sicilias]].
 
Restaurouse o absolutismo en tódolostodos os Estados. Os gobernantes impostos polo [[Congreso de Viena]] non contaban co apoio popular, polo que tiveron que estarser auxiliados polo [[Imperio Austríaco]].
 
Mentres tanto, os [[Nacionalismo|ideais nacionalistas]] continuaban espallándose, incentivados pola volta ao absolutismo e o progreso económico. O incremento da produción téxtil de Piemonte necesitabaprecisaba dun [[mercado interior]] máis amplo onde colocar osas seussúas manufacturas. A expansión do [[ferrocarril]] favorecía as comunicacións e a unidade dos diversos estados. Outros elementos aglutinadores eran a [[catolicismo|relixión católica]], a cultura italiana e o [[romanticismo]], que identificou a Italia co ''[[Literatura de Italia|Risorgimento letterario]]'', co que adquiriu un gran poder político. Escritos aparentemente literarios ou históricos estaban cheos de alusións á escravitude ou a tiranía. Onde non estaba permitida a crítica empregábase a [[sátira]].
 
=== O Resorgimento letterario e o Romanticismo ===
Liña 36:
Polo tanto, [[patriotismo]] e [[clasicismo]], foron os dous principios que inspiraron a literatura que comeza con [[Vittorio Alfieri]]. Este autor encamiñou a literatura cara a unha motivación nacional, armada soamente co patriotismo e o clasicismo. Outros importante escritores patrióticos deste período foron [[Ugo Foscolo]], [[Pietro Colletta]], [[Carlo Botta]], [[Vincenzo Monti]] ou [[Pietro Giordani]].
 
Durante este período xurdiu a polémica sobre a pureza da linguaxe. Durante este período, a lingua italiana estaba ateigada de galicismos. A prosa necesitabaprecisaba dunha recuperación polo ben da dignidade nacional, e pensouse que isto non podería conseguirse se non era a través da volta aos grandes escritores do [[século XIV]]. Un dos promotores desta nova escola foi [[Antonio Cesari]], que se empeñaba en establecer a supremacía do [[toscano]] sobre o resto de dialectos. Pero o patriotismo en Italia ten sempre algo de provinciano, e así, contra esta supremacía toscana proclamada e defendida por Cesari, xurdiu unha escola lombarda que non quería saber nada do toscano e que volvían á idea dunha ''lingua illustre''.
 
O [[Romanticismo]] foi un movemento cultural e político que se orixinou en [[Alemaña]] a finais do [[século XVIII]] como unha reacción ao [[racionalismo]] da [[Ilustración]] e o [[Neoclasicismo]]. Exaltaba os sentimentos, o nacionalismo, o liberalismo e a orixinalidade creativa. É o movemento literario que precede ás revolucións políticas de [[1848]], pode considerarse representado por: [[Giuseppe Giusti]], [[Francesco Domenico Guerrazzi]], [[Vincenzo Gioberti]], [[Cesar Balbo]], [[Alessandro Manzoni]] e [[Giacomo Leopardi]].