Operación Torch: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
mSen resumo de edición
Liña 2:
 
A [[Unión Soviética]] viña presionando ós [[Estados Unidos]] e a [[Gran Bretaña]] para comezar as operacións en Europa e abrir unha segunda fronte para reducir a presión do exército alemán sobre as tropas soviéticas. Mentres os xenerais nortemaricanos favorecían a [[Operación Sledgehammer]], un desembarco na [[Europa]] ocupada o máis axiña posible, os británicos crían que iso podería conducir ó desastre. Entrementres propúxose un ataque á África do norte francesa, o que lle daría o control naval do [[Mediterráneo]] os aliados e prepararía a invasión do sur de Europa que se efectou [[1943]].
[[Image:Operation Torch - map.jpg|thumb|285px|Mapa da Operación Torch]]
A decisión do desembarco tomouse finalmente o [[24 de xullo]] de 1942, elixiuse o nome clave Torch (Facho) e [[Dwight Eisenhower]] foi nomeado o 14 de agosto comandante en xefe da opeación. Para a posibilidade que [[España]] entrase en guerra do lado de [[Alemaña]] ou as tropas alemás entrasen en España estaba previsto o Plan Backbone que suporía a ocupación do protectorado español de Marrocos. Os aliados lanzaron unha campaña de desinformación para que o Eixe pensara que a invasión ía ser sobre [[Dacar]].
O mando da frota encargada do desembarco foi encargado a [[Andrew Cunningham]], ó mando das forzas aéreas estaban [[William Welsh]] e [[James Doolite]]. Finalmente o 8 de novembro produciuse o desembarco en [[Safi]], [[Casablanca]], [[Kenitra|Port Lyautey]], [[Mohammedia|Fedala]], [[Orán]], [[Alxer]] e [[Buxía]]. Supuxo a mairoa maior operación anfibia da historia, máis de 500 buques, incluídos 130 de guerra, desembarcaron no Marrocos francés 35.000 homes apoiados