Determinación do sexo ZW: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{entradución}}
A '''determinación do sexo ZW''' é un sistema de determinación do sexo dependente da presenza nas células do individuo dos cromosomas Z e W, de tal modo, que os individuos ZZ son machos e os ZW son femias. Este sistema é utilizado principalmente polas [[ave]]s, e tamén se dá nalgúns [[peixe]]s, [[crustáceo]]s como o cangrexo de río xigante ''[[Macrobrachium rosenbergii]]'', algúns [[insecto]]s (fundamentalmente [[bolboreta]]s diúrnas e nocturnas) e algúns [[réptil]]es, entre os que está o [[dragón de Komodo]]. O sistema ZW é un sistema cromosómico de determinación do sexo igual ca o XY ou o X0, pero ten bastantes diferenzas con esteestes. No sistema ZW é o [[óvulo]] o que determina o sexo da descendencia (no XY todo depende de se o [[espermatozoide]] leva o [[cromosoma X]] ou o [[cromosoma Y|Y]], e no sistema X0 tamén depende de se o espermatozoide leva X ou non), polo que as denominacións dos cromosomas como Z e W serven para distinguir este sistema do XY. Outra diferenza co sistema XY é que os machos son o sexo homogamético ZZ (con cromosomas sexuais iguais), e as femias son o sexo heterogamético ZW. O cromosoma Z é máis grande e ten máis xenes ca o W.
 
Os cromosomas Z e W das aves non comparten xenes cos cromosomas X e Y de mamíferos,<ref>{{cite journal |author=Stiglec R, Ezaz T, Graves JA |title=A new look at the evolution of avian sex chromosomes |journal=Cytogenet. Genome Res. |volume=117 |issue=1-4 |pages=103–9 |year=2007 |pmid=17675850 |doi=10.1159/000103170}}</ref> e, comparando os cromosomas das galiñas cos humanos, o cromosoma Z parece ser similar ao [[cromosoma 9]] [[cromosoma autosómico|autosómico]] humano, pero non ao X ou ao Y, o que fixo pensar aos investigadores que os sistemas de determinación de sexos ZW e XY non comparten unha mesma orixe, pero que os [[cromosoma sexual|cromosomas sexuais]] derivan de cromosomas autosómicos dun antepasado común. Unha publicación de 2004 comparou o cromosoma Z de galiña cos X de [[ornitorrinco]] e suxeriu que os dous sistemas están relacionados. <ref>{{cite journal | last=Grützner | first=F. | coauthors=Rens, W., Tsend-Ayush, E., El-Mogharbel, N., O'Brien, P.C.M., Jones, R.C., Ferguson-Smith, M.A. and Marshall, J.A. | year=2004 | title=In the platypus a meiotic chain of ten sex chromosomes shares genes with the bird Z and mammal X chromosomes | journal=[[Nature (journal)|Nature]] | volume=432 | pages=913–917 | doi=10.1038/nature03021 | pmid=15502814 | issue=7019}}</ref> Segundo esta publicación, o ornitorrinco ten un sistema baseado en dez [[cromosoma]]s, no que os cromosomas forman unha cadea multivalente durante a [[meiose]] dos machos, que segregan formando esperma XXXXX e esperma YYYYY, con cromosomas equivalentes aos XY nun estremo desta cadea e cromosomas equivalentes aos ZW no outro estremo de.