Pentateuco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m →‎Contido: enlaces
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m →‎Xénese: homónimos
Liña 14:
Comeza cos relatos cosmogónicos da creación do mundo e do home. Seguen relatos etiolóxicos, que reflexionan sobre a causa do mal no mundo: o paraíso e o pecado orixinal, [[Caín]] e [[Abel]], [[Noé]] e o diluvio universal, e remata coa [[Torre de Babel]].
 
A segunda parte do libro trata dos patriarcas, xefes de clans nómades que recorrían o que hoxe é Oriente Medio. Comeza por [[Abraám]], chamado por Deus de [[Ur]] de [[Caldea]] para que sexa pai dun gran pobo. O relato narra a alianza de Deus con Abraám, a historia da súa descendencia, cos seus fillos [[Ismael]] pai dos [[ismaelitas]], é dicir, os [[Arabia|árabes]]; e Isaac; a súa relación co seu sobriño [[Lot]] e o relato derivado sobre o pecado e castigo de [[Sodoma]] e [[Gomorra]], e o sacrificio de Isaac.
 
Isaac colle despois o protagonismo, el e mailos seus fillos [[Esaú]] e [[Xacob]], o enfrontamento entre estes polos dereitos de primoxenitura, que implicaba herdar todo, tanto bens materiais como dereitos de primacía no clan, e a súa posterior reconciliación. De Xacob escoitamos o relato das súas viaxes,os seus matrimonios e os seus doce fillos, os pais das doce tribos de Israel.