Cantiga de amigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Temática: correccións
Nerk (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
=== Temática ===
Ainda que todos ostódolos poetas medievais eran homes, utilizaban o punto de vista feminino. As cantigas de amigo teñen como tema a erótica feminina e, en xeral, dan conta dos diferentes estados psicolóxicos da muller nova namorada. Caracterízanse formalmente pola repetición ([[paralelismo]], [[leixaprén]] e [[refrán]]).
 
[[Ficheiro:CRenda.jpg|thumb|left|200px|As [[capela|ermida]]s servían como lugar de encontro dos namorados]]
A temática que desenvolven é, polo tanto, a da relación amorosa nas súas variantes: o amor feliz e correspondido; o amor infeliz, xa sexa por causa da ausencia do amado xa sexa pola traizón e desdén deste ou mesmo polas prohibicións e atrancos que ese amor atopa no seu percorrido. A [[voz poética]] é a dunha rapaza nova que relata as súas vivencias amorosas, oraquer nun [[monólogo]], oraquer nun [[diálogo]] coas súas amigas, irmás ou mesmo coa nai, que rara vez toman a palabra. Os estados de ánimo son diversos e inclúen a ledicia pola chegada do amigo, a tristura pola súa ausencia ou a ansiedade polo regreso, o desexo de vinganza, celos etc. Os ambientes nos que se atopan son o campo, o mar ou a casa: a fonte, onde foron buscar augar ou lavar o cabelo, o río ou a [[romaría]]. Finalmente, cómpre subliñar que a paisaxe non aparece nelas como un simple marco ambiental, toda vez que en máis dun caso contén unha forte carga simbólica cando non participa mesmo do diálogo amoroso.
 
=== Personaxes ===