Abella mestra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
formatiño
Liña 4:
== Ciclo de vida de Apis mellifera ==
[[Ficheiro:Queencell_0017.JPG|thumb|Celas reais de urxencia na parte inferior dos panais.]]
As abellas melíferas sobreviven ao inverno como colonia, a [[abella raíña]] comeza a desovar na primavera. Isto é probablemente activado polas floracionsfloracións das que liban o néctar, abundantes xa nesta época. A raíña é a única femia fértil e deposita os [[ovo (bioloxía)|ovos]] dos cales nacerán todas as demais abellas. A [[abella raíña]] non abandona a [[colmea]], salvo durante os [[voos de fecundación]], ou cando se produce un [[enxame]] para dar lugar a unha nova colonia. A raíña deposita os seus ovos, en [[panais de cera]] que as obreiras constrúen con [[cela]]s hexagonais. O ovo despois do terceiro día transfórmase nunha pequena [[larva]] que é alimentada por abéllas ''ama de cría'' ou nodrizas (abellas obreiras xoves). Logo dunha semana, máis ou menos, dependendo da especie, a larva é selada na súa cela por abéllas ama de cría, producíndose o estado de ninfa ou pupa. En aproximadamente outra semana (novamente dependendo da especie), a ninfa emerxe como unha abella adulta.
 
As raíñas non son criadas nas típicas celas horizontais do panal, senón que as súas celas son construídas para ser de maior tamaño e en posición vertical. Cando a raíña remata a súa etapa de alimentación larval e se convérte en pupa, desprázase a unha posición cabeza abaixo, desde a cal logo come a súa cela para saír. Durante a etapa de pupa, as abellas obreiras tapan ou selan a cela real. Xusto logo de emerxeren das súas celas, a miúdo as abellas raíña producen un son o cal crese é un reto a outras raíñas a batallar.
Liña 10:
As abellas raíña viven unha media de tres anos. As obreiras viven períodos moito máis breves, de menos de tres meses en media, aínda que esta é unha estimación variable que depende tanto da época estacional como da carga de traballo.
 
As abellas raíña liberan [[feromona]]s para regular as actividades da colmea. Moitas abellas obreiras tamén producen feromonas para comunicarse con outras abellas.
 
== Ciclo da raíña ==