Río Baxoi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: O '''Río Baxoi''' ou '''Baixoi''' é un río galego que nace na serra de Queixeiro e desemboca na ría de Betanzos atravesando de leste a oeste os concellos coruñeses de Monfero, [[V...
 
m →‎Descrición: arranxiño
Liña 5:
Nace na serra de Queixeiro, no concello de Monfero, a unha altitude de 450 metros. No seu tramo alto recibe o nome de ''regato d[[O Candedo, Vilachá, Monfero|o Candedo]]'' por pasar polo lugar homónimo.
 
No seu curso medio, aproximadamente entre as altitudes de 300 e 50 metros, é coñecido como '''río Vilariño''' por bañar as terras do lugar d[[O Vilariño, Torres, Vilarmaior|o Vilariño]]. A maior parte deste tramo fai de [[fronteira]] natural entre os concellos de Monfero e Vilarmaior.
 
Desde que recibe pola dereita as augas do seu principal afluente, o [[río Anduriña]], comeza a chamarse ''Baxoi'' ou ''Baixoi''. Neste curso baixo é onde recibe a meirande parte dos seus afluentes. Amais do xa nomeado ''río Anduriña'', recibe pola esquerda o ''rego do Porto do Crego'' que baixa do coto de [[Allegue, Breamo, Pontedeume|Allegue]]; o ''rego do Porto Vedro'' que nace en terras de [[Andrade, Pontedeume|Andrade]]; o ''rego da Prata'' que nace en [[Carantoña, Miño|Carantoña]] e, xa a poucos metros da desembocadura, o [[río Xarío]] que baixa d[[O Vidreiro, Andrade, Pontedeume|o Vidreiro]]. Pola marxe esquerda recolle as augas do ''rego do Retorno'' e o ''regato dos Xordos'' que baixan de [[Vilarmaior, Vilarmaior|Vilarmaior]]; xa no esteiro conflúe o ''rego Grande'' que baixa de [[Bemantes, Miño|Bemantes]].