Hew Whiteford Dalrymple: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
quito illado
m →‎Dalrymple e Galiza: Castela - Castilla
Liña 8:
 
==Dalrymple e Galiza==
En [[1774]], estando destinado en Xibraltar co grao de [[maior]], emprendeu unha viaxe por [[España]] e Portugal. Dalrymple fixo cuidadosas anotacións, que logo publicou, nun libro de viaxes, en forma de cartas, até un total de dezaseis, da que a décima e decimosegunda están dedicadas á Galiza. Hew Whiteford atopouse con galegos que voltaban das [[sega]]s nas [[Castela - Castilla|Castela]]s, asunto do que fixo unha valoración, calculando que uns 60.000 pasaban todos os anos ás terras castelás e outros 30.000 a Portugal. Estas cifras cóidanse esaxeradas (estimaba a poboación galega en dous millóns de persoas, o que resulta demasiado). Fixo tamén observacións sobre outros aspectos ([[palloza]]s, [[minifundio]], traxe, cultivos...), polo que constitúe unha fonte inestimábel para contrastar datos impresionistas sobre a Galiza de inicios do derradeiro cuarto do século [[XVIII]].
 
Porén, a opinión de Dalrymple sobre os portugueses foron das máis duras vertidas por observadores estranxeiros en opinión das autoras de ''Lisboa setecentista'' (ver apartado de Bibliografía).