Reino de Toledo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Historia: Castela - Castilla
Liña 5:
A cidade de Toledo foi tomada en [[1085]], o que permitiu asegurar para o [[reino de Castela]] o territorio entre o [[río Douro]] e o [[río Texo]]. Porén, as terras máis ao sur foron obxecto dun prolongado enfrontamento non exento de alternativas, que non se terminou de decantar a favor dos cristiáns até a [[batalla das Navas de Tolosa]] en [[1212]].
 
O reino cristián de Toledo non foi un reino independente, senón que se incorporou baixo goberno castelán, cuxa prelación na representación nas Cortes de Castela se disputáronse secularmente [[Burgos]], ''caput Castellae'' -cabeza de [[Castela - Castilla|Castela]]-, e a propia cidade de Toledo, antiga capital [[Visigodos|visigoda]]. A medida que se foron incorporando outros reinos musulmáns cuxa denominación se conservou e a cuxas capitais (concepto de pouca precisión na época feudal, cando a corte era itinerante como a persoa do rei) se dotaba de voto en cortes ([[reino de Xaén]], [[reino de Córdoba]], [[reino de Sevilla]], [[reino de Murcia]]), o reino de Toledo ou [[Castela a Nova]] quedou como unha denominación diferenciada de [[Castela a Vella]], sen que ningunha desas denominacións significasen unha entidade xurídica diferenciada, posto que todas elas formaban parte da [[Coroa de Castela]]. Englobados dentro desta, todos os reinos castelán-leoneses pasaron a formar parte da posterior Monarquía Hispánica a partir dos [[Reis Católicos]].
 
A dimensión territorial do Reino de Toledo durante o [[Antigo Réxime]] identifícase na práctica coa denominada Castela a Nova, separada de Castela a Vella pola fronteira física do [[Sistema Central]].